Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e inadmitidas do procedemento do Conecta con Galicia no Camiño 2025 (PR930D) convocado pola resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 3 de marzo de 2025 (DOG Núm. 56 do 21 de marzo)
Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e inadmitidas do procedemento do Conecta con Galicia no Camiño 2025 (PR930D) convocado pola resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 3 de marzo de 2025 (DOG Núm. 56 do 21 de marzo).
En aplicación do disposto no artigo 12 da Resolución do 3 de marzo de 2025 desta Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa CONECTA CON GALICIA NO CAMIÑO, publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas e inadmitidas por países, sinalando, no seu caso, a documentación que debe achegar ou emendar e a causa de exclusión co correspondente artigo da Resolución incumprido.
A fin de facilitar a lectura, os solicitantes aparecen por orde alfabética. As listaxes poden descargarse pulsando no cadro que corresponda:
| PAÍS | LISTAXES | DATA PUBLICACIÓN | PRAZO DE EMENDA DE SOLICITUDE |
|---|---|---|---|
| ARXENTINA | Descargar | 12 de maio de 2025 | Ata o día 22 de maio de 2025 |
| BRASIL | Descargar | 12 de maio de 2025 | Ata o día 22 de maio de 2025 |
| CUBA | Descargar | 12 de maio de 2025 | Ata o día 22 de maio de 2025 |
| URUGUAI | Descargar | 12 de maio de 2025 | Ata o día 22 de maio de 2025 |
| VENEZUELA | Descargar | 12 de maio de 2025 | Ata o día 22 de maio de 2025 |
| RESTO DE AMÉRICA | Descargar | 12 de maio de 2025 | Ata o día 22 de maio de 2025 |
Os documentos que se acheguen para completar o expediente e os escritos de emenda da solicitude deben presentarse, preferentemente, na mesma oficina da Delegación da Xunta de Galicia ou da entidade colaboradora do país de residencia na que presentou a solicitude, que será a encargada da súa remisión por vía electrónica á Secretaría Xeral da Emigración. Ou, de non existir algunha preto da localidade de residencia, no rexistro xeral do Consulado de España mais próximo.



