A Xunta destaca o carácter internacional do Curso Superior de Cociña do CSHG, con alumnado de América e ascendencia galega
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co director do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), José Paz, e co xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, xunto co alumnado internacional do Curso Superior de Cociña que se está a desenvolver neste centro de referencia. Os participantes desta edición proceden maioritariamente de países americanos como México, Brasil ou Colombia, e teñen, na súa gran maioría, ascendencia galega o que reflicte o marcado carácter internacional deste programa formativo.
Tamén a través das bolsas impulsadas pola Xunta de Galicia, estes mozos galegos do exterior teñen a oportunidade de formarse no sector da hostelaría e a restauración en Galicia, combinando excelencia académica cun retorno ás súas raíces. Esta iniciativa non só fortalece os vínculos coa diáspora, senón que tamén aposta pola internacionalización da formación turística e gastronómica galega, posicionando a Galicia como referente educativo neste ámbito.
Novas relacionadas




