A Xunta destaca as comunidades galegas e as súas agrupacións culturais na difusión da poesía popular oral galega no mundo no acto do Día das Letras Galegas en Burgos
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na celebración do Día das Letras Galegas en Burgos que este ano destacou o papel fundamental das cantareiras na cultura galega.
A Xunta destaca as comunidades galegas e as súas agrupacións culturais na difusión da poesía popular oral galega no mundo no acto do Día das Letras Galegas en Burgos
A Xunta destaca as comunidades galegas e as súas agrupacións culturais na difusión da poesía popular oral galega no mundo no acto do Día das Letras Galegas en Burgos
A Xunta destaca as comunidades galegas e as súas agrupacións culturais na difusión da poesía popular oral galega no mundo no acto do Día das Letras Galegas en Burgos
A Xunta destaca as comunidades galegas e as súas agrupacións culturais na difusión da poesía popular oral galega no mundo no acto do Día das Letras Galegas en Burgos
A Xunta destaca as comunidades galegas e as súas agrupacións culturais na difusión da poesía popular oral galega no mundo no acto do Día das Letras Galegas en Burgos
O secretario xeral da Emigración participou hoxe no acto institucional organizado polo Centro Galego de Burgos para celebrar o Día das Letras Galegas 2025. Este ano a celebración centrouse na figura das cantareiras, destacando o seu importante papel na conservación e transmisión da cultura e tradición galegas.
Na súa intervención, o secretario xeral subliñou o compromiso do Goberno galego coas comunidades galegas residentes fóra da comunidade, salientando que actos coma este mostran como Galicia é capaz de traspasar fronteiras e permanecer viva máis alá do territorio.
A celebración contou coas actuacións destacadas das Cantareiras do Centro Galego de Burgos e do recoñecido músico Xabier Díaz, que deleitaron ao público con pezas tradicionais como "Agarrado de Vilar de Cabeiras" e unha selección de muiñeiras e maneos.
O acto culminou cunha emotiva interpretación do Himno Galego a cargo do grupo "Foles e Ferreñas", que puxo punto final a unha celebración marcada pola emotividade, o agarimo e o compromiso coa lingua e a cultura galega.
Novas relacionadas



