Conecta con Galicia no Camiño 2025
Obxecto:
O programa Conecta con Galicia no Camiño para o ano 2025 ten por finalidade facilitar aos participantes o enriquecemento persoal a través da convivencia con outros mozos galegos de diferentes orixes e a realización de actividades que lles procurarán un maior coñecemento do territorio e a situación socio-cultural actual de Galicia, a través do percorrido de distintos tramos do Camiño de Santiago ata chegar a Compostela e actuacións complementarias.
Convócanse 120 prazas: 96 para mozos residentes no estranxeiro e 24 para residentes en Galicia.
Os participantes distribuiranse entre dúas residencias xuvenís: Altamar, en Vigo, e Florentino López Cuevillas, en Ourense.
O programa desenvolverase entre o 19 e 31 de xullo, comprende as seguintes actividades:
- CAMIÑO DE SANTIAGO: Percorrido a pé de 8 tramos (100 Kms.) polo Camiño Portugués ou a Vía da Prata, ata Santiago de Compostela
- VISITAS CULTURAIS: Actividades orientadas a coñecer diversos aspectos da situación socio-económica de Galicia e o patrimonio cultural da contorna.
Persoas participantes:
Poderán optar a este programa os/as novos que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter unha idade comprendida entre os 18 e 21 anos a día 19 de xullo do 2025.
b) Nacer en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega residente no exterior.
c) Ter a nacionalidade española.
d) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de 3 meses contados desde o día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
e) Carecer de discapacidades e outros impedimentos que lle impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.
f) Para as prazas con financiamento do 100%, determinadas condicións económicas (consultar art. 3.2 da Resolución da convocatoria).
Prazo de presentación de solicitudes:
- Desde o 24/03/2025 ata o 21/04/2025.
Lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), por calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades, que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización:
- En Brasil:
- Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
- Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución, en São Paulo.
- Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro, en Santos.
- Asociación Cultural Hispano galega Cabaleiros de Santiago, en Salvador de Baía.
- En Cuba: Federación de Sociedades Galegas, na Habana.
- En Venezuela: Irmandade Galega de Venezuela en Caracas.
- En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
- En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
Tamén poderán presentar as solicitudes presencialmente nos Consulados de España e no resto de lugares e rexistros establecidos na lei reguladora do procedemento administrativo común.
| FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: | picar aquí para acceder á Sede electrónica |
- Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.: Descargar
- Extracto da convocatoria no D.O.G.: Descargar
- Resolución sobre a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes do PR930D na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: Descargar
Distribución de prazas:
| PAÍS DE RESIDENCIA DOS SOLICITANTES | NÚMERO TOTAL DE PRAZAS | PRAZAS SEGUNDO A MODALIDADE DE FINANCIAMENTO | |
|---|---|---|---|
| AXUDA 100% | COPAGAMENTO CUSTOS VIAXE: (800 € AMÉRICA-250 € EUROPA |
||
| Arxentina | 28 | 20 | 8 |
| Brasil | 11 | 8 | 3 |
| Cuba | 10 | 9 | 1 |
| Uruguai | 11 | 8 | 3 |
| Venezuela | 11 | 10 | 1 |
| Resto de América | 9 | 6 | 3 |
| Resto de Europa | 16 | 9 | 7 |
| TOTAL: | 96 | 70 | 26 |



