Rueda mantén un encontro co presidente do Uruguai para estreitar lazos entre os dous territorios
O presidente da Xunta reuniuse hoxe co novo presidente do Uruguai, Yamandú Orsi, en Montevideo, aos poucos días da súa investidura.
Destaca a unión histórica, cultural e humana entre ambos países como consecuencia da emigración galega.
Sinala a importancia de fortalecer as relacións comerciais co país suramericano e remarca a capacidade exportadora de Galicia.
Salienta a Estratexia Galicia Retorna: “Esta Galicia potente ábrese para ofrecer oportunidades a todos os que queiran volver”.
Rueda mantén un encontro co presidente do Uruguai para estreitar lazos entre os dous territorios
Rueda mantén un encontro co presidente do Uruguai para estreitar lazos entre os dous territorios
Rueda mantén un encontro co presidente do Uruguai para estreitar lazos entre os dous territorios
Rueda mantén un encontro co presidente do Uruguai para estreitar lazos entre os dous territorios
Rueda mantén un encontro co presidente do Uruguai para estreitar lazos entre os dous territorios
Rueda mantén un encontro co presidente do Uruguai para estreitar lazos entre os dous territorios
Rueda mantén un encontro co presidente do Uruguai para estreitar lazos entre os dous territorios
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, valorou hoxe novas vías de colaboración co Uruguai nun encontro co recentemente investido presidente, Yamandú Orsi. Nesta liña, o titular do Goberno galego agradeceu o recibimento e considerou a invitación como un “recoñecemento á presencia e a potencia da comunidade galega no Uruguai”.
O titular do Goberno galego sinalou o desexo de “seguir mantendo esas relacións estables entre Galicia e Uruguai” e recalcou “os lazos históricos, culturais e humanos” entre Uruguai e Galicia como consecuencia da emigración galega. Uns emigrantes que, segundo afirmou o presidente, contribuíron ao desenvolvemento do país suramericano e de Galicia.
Rueda tamén enumerou algúns dos temas de mutuo interese abordados para o crecemento e desenvolvemento de ambos territorios, como é o fortalecemento das relacións comerciais e a conexión coa colectividade galega no Uruguai. Nesta liña remarcou a capacidade exportadora de Galicia e o desexo de que medidas como o acordo da Unión Europea co Mercosur “por fin se materialicen”.
O presidente tamén destacou a importancia de manter vivo o legado cultural e lingüístico de Galicia no país, así como de traballar en programas que faciliten o retorno á nosa Comunidade daquelas persoas que o desexen, como é a Estratexia Galicia Retorna.
Estratexia Galicia Retorna
Segundo sinalou Rueda, esta política de retorno responde tamén ao desexo de recoñecer o pasado da emigración galega e retribuír a quen non deixou de sentirse galego a pesar da distancia: “Esta Galicia potente ábrese para ofrecer oportunidades a todos os que queiran volver", salientou o presidente. Nesta liña, os programas de intercambio académico, cultural e científico establecidos entre Galicia e Uruguai tamén deben ser reforzados en prol do coñecemento.
Por último, o mandatario galego invitou ao presidente uruguaio a visitar a nosa comunidade e facer o Camiño de Santiago.
Novas relacionadas



