Rueda chama ao diálogo e á cooperación entre Galicia e A Arxentina para o fortalecemento empresarial mutuo e reforzar as relacións institucionais
O presidente da Xunta mantivo hoxe un encontro co xefe do Gabinete de Ministros, Guillermo Francos, e co embaixador de España na Arxentina, Joaquín de Arístegui.
Resalta o potencial económico da comunidade e as oportunidades profesionais que ofrece en materia de investimentos e desenvolvemento empresarial.
Salienta as políticas pioneiras de Galicia en materia de retorno cunha estratexia que busca facilitar o regreso de ata 30.000 galegos do exterior ata 2026.
Lembra a importancia de coidar as relacións institucionais entre ambos países.
Rueda chama ao diálogo e á cooperación entre Galicia e A Arxentina para o fortalecemento empresarial mutuo e reforzar as relacións institucionais
Rueda chama ao diálogo e á cooperación entre Galicia e A Arxentina para o fortalecemento empresarial mutuo e reforzar as relacións institucionais
Rueda chama ao diálogo e á cooperación entre Galicia e A Arxentina para o fortalecemento empresarial mutuo e reforzar as relacións institucionais
Rueda chama ao diálogo e á cooperación entre Galicia e A Arxentina para o fortalecemento empresarial mutuo e reforzar as relacións institucionais
Rueda chama ao diálogo e á cooperación entre Galicia e A Arxentina para o fortalecemento empresarial mutuo e reforzar as relacións institucionais
Rueda chama ao diálogo e á cooperación entre Galicia e A Arxentina para o fortalecemento empresarial mutuo e reforzar as relacións institucionais
Rueda chama ao diálogo e á cooperación entre Galicia e A Arxentina para o fortalecemento empresarial mutuo e reforzar as relacións institucionais
Rueda chama ao diálogo e á cooperación entre Galicia e A Arxentina para o fortalecemento empresarial mutuo e reforzar as relacións institucionais
Rueda chama ao diálogo e á cooperación entre Galicia e A Arxentina para o fortalecemento empresarial mutuo e reforzar as relacións institucionais
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, iniciou hoxe a súa terceira viaxe pola Arxentina cun encontro co xefe do Gabinete de Ministros, Guillermo Francos, e co embaixador de España na Arxentina, Joaquín de Arístegui, aos que trasladou o compromiso de Galicia en cooperar e dialogar con este país para fortalecer ao tecido empresarial de ambas rexións e reforzar as relacións institucionais.
Durante a súa xuntanza co xefe do Gabinete de Ministros, Rueda salientou a importancia de estreitar as relacións económicas cunha terra á que Galicia está unida por lazos históricos e na que viven máis de 181.000 galegos. O presidente da Xunta apostou pola colaboración en materia de investimento e desenvolvemento empresarial e lembrou o potencial económico de Galicia e as oportunidades profesionais que ofrece tanto ás empresas arxentinas que aposten por investir na comunidade coma para os galegos que desexen regresar á súa terra.
Nesta liña, Rueda presentou a Francos as principais claves da Estratexia Galicia Retorna que busca facilitar o regreso de 30.000 galegos do exterior ata 2026 e que reforza a condición da comunidade como rexión pioneira en políticas de retorno. Un paquete de medidas que inclúe desde axudas directas para afrontar os primeiros gastos de instalarse en Galicia ata bolsas para estudar mestrados ou FP na comunidade ou programas específicos para facilitar o emprendemento ou a inserción laboral.
Reunión co embaixador de España na Arxentina
O presidente da Xunta tamén se reuniu co embaixador de España na Arxentina para avaliar o papel de apoio desta institución á comunidade galega no país. Ao remate do encontro, no que estivo acompañado do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, Rueda lembrou a importancia de coidar as relacións institucionais entre ambos países xa que “centos de miles de galegos” viven na Arxentina en contacto coas súas institucións.
Ademais, o titular do Goberno galego tivo palabras para “agradecer o labor diplomático español” á hora de representar á potente colectividade galega do país e sinalou a importancia de traballar para seguir mellorando as relacións entre Galicia e Arxentina.
Novas relacionadas



