Miranda destaca o papel da Casa de Galicia en Valladolid como ponte cultural e social para os galegos en Castela e León
Santiago de Compostela (A Coruña), 16 de xaneiro de 2025.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión co vicepresidente da Casa de Galicia en Valladolid, Fernando Harguindey.
Durante o encontro, Miranda destacou o papel esencial da Casa de Galicia como ponte cultural e social para os galegos residentes en Valladolid, así como o seu compromiso coa promoción da cultura e tradicións galegas. Miranda animou a poñer en marcha iniciativas que poñan en valor a cultura galega, como ciclos culturais, conferencias, e encontros interxeracionais.
Novas relacionadas




