A Estratexia Galicia Retorna continúa sendo esencial para atraer poboación, reforzar o tecido social e impulsar o desenvolvemento económico da nosa terra

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 8 de novembro de 2024.

Galicia continúa avanzando positivamente na atracción de poboación grazas aos efectos de atracción de nova poboación e á Estratexia Galicia Retorna. Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a nosa comunidade rexistrou un aumento de 7.973 residentes desde outubro do ano pasado, un salto demográfico que non se vía desde antes da crise económica de 2008. Este crecemento demográfico evidencia o éxito das políticas de retorno e integración que estamos a impulsar desde a Xunta.

Co censo provisional alcanzando os 2.712.132 habitantes, Galicia recupera niveis de poboación similares aos do verán de 2016, revertendo a tendencia descendente dos últimos anos. A chegada de retornados e descendentes con nacionalidade española contribúe significativamente a este incremento. A Estratexia Galicia Retorna continúa sendo unha ferramenta esencial para atraer poboación, reforzar o tecido social e impulsar o desenvolvemento económico da nosa terra.

539 lecturas