A Xunta enxalza o papel do `Lar Gallego de Avilés´ na divulgación da idiosincrasia galega e como punto de encontro da comunidade galega en Asturias

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración estivo cunha representación da colectividade galega en Avilés coincidindo coa celebración do Día de Galicia en Asturias.

José González puxo de relevo o traballo destas entidades a prol da cultura e tradicións de Galicia e o compromiso do Goberno autonómico para asegurar que sigan sendo un punto de referencia e de encontro para a comunidade galega fóra de Galicia.

Salientou o apoio do Executivo galego ás asociacións coma esta, fundada en 1961, para asegurar que sigan sendo un punto de referencia e de encontro para a comunidade galega fóra de Galicia.

Destacou os fortes vínculos entre Galicia e o Principado de Asturias, onde residen máis de 20.500 galegas e galegos e a contribución da emigración galega no desenvolvemento socioeconómico da comunidade.

  • A Xunta enxalza o papel do `Lar Gallego de Avilés´ na divulgación da idiosincrasia galega e como punto de encontro da comunidade galega en Asturias
    A Xunta enxalza o papel do `Lar Gallego de Avilés´ na divulgación da idiosincrasia galega e como punto de encontro da comunidade galega en Asturias
  • A Xunta enxalza o papel do `Lar Gallego de Avilés´ na divulgación da idiosincrasia galega e como punto de encontro da comunidade galega en Asturias
    A Xunta enxalza o papel do `Lar Gallego de Avilés´ na divulgación da idiosincrasia galega e como punto de encontro da comunidade galega en Asturias
  • A Xunta enxalza o papel do `Lar Gallego de Avilés´ na divulgación da idiosincrasia galega e como punto de encontro da comunidade galega en Asturias
    A Xunta enxalza o papel do `Lar Gallego de Avilés´ na divulgación da idiosincrasia galega e como punto de encontro da comunidade galega en Asturias
  • A Xunta enxalza o papel do `Lar Gallego de Avilés´ na divulgación da idiosincrasia galega e como punto de encontro da comunidade galega en Asturias
    A Xunta enxalza o papel do `Lar Gallego de Avilés´ na divulgación da idiosincrasia galega e como punto de encontro da comunidade galega en Asturias
Listen to this page using ReadSpeaker
Avilés (Asturias), 14 de setembro de 2024.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe a sede da asociación Lar Gallego de Avilés, onde enxalzou o labor desta entidade na divulgación da cultura e tradición galegas a través das máis de 200 persoas socias que a compoñen. Esta visita coincide coa celebración da XXIX edición do Día de Galicia en Asturias, que inclúe distintos actos nos que participará a Xunta e na que se homenaxea a entidades que contribúen a reforzar os lazos entre ambas comunidades autónomas.

Nesta liña, José González, que na visita estivo acompañado por membros da directiva do Lar Gallego de Avilés, salientou o apoio da Xunta ás entidades coma esta, fundada en 1961, para asegurar que sigan sendo un punto de referencia e de encontro para a comunidade galega fóra de Galicia e para colaborar no seu funcionamento, acondicionamento de instalacións, así como para o desenvolvemento de proxectos.

Ademais, puxo de relevo a importancia de visitas como a de hoxe, a realizada recentemente ao centro galego de Madrid e as do mes de xullo a centros da Arxentina e do Uruguai para seguir tendendo pontes e afianzar o compromiso coa comunidade galega no exterior, tanto nos distintos lugares de España como noutros países.  

Lazos entre Galicia e Asturias

O conselleiro aproveitou a ocasión para poñer en valor os fortes vínculos entre Galicia e o Principado de Asturias, onde residen máis de 20.500 galegas e galegos e a contribución da emigración galega no desenvolvemento socioeconómico da comunidade poñendo como exemplo que arredor do 20% das persoas atendidas na Rede de polos de emprendemento son retornadas doutros países ou outros puntos de España ou estranxeiras.

Ademais, José González destacou a importancia de apoiar a mocidade galega no exterior para facilitar o seu contacto coas raíces galegas e promover o retorno daqueles que desexen contribuír ao desenvolvemento da súa terra de orixe.

Próximos eventos

Esta tarde o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración tamén participará no concerto homenaxe á Policía Nacional no seu 200 aniversario, que terá lugar en Oviedo e correrá a cargo de Antonio Barros, acompañado da pianista Ialma.

Mañá domingo, José González, asistirá, tamén en Oviedo ao acto de imposición de insignias de ouro e entrega dos carnés de socios de honra da Asociación Día de Galicia en Asturias, que organiza a celebración homónima como punto de encontro das galegas e dos galegos residentes en Asturias.

369 lecturas