Listas definitivas de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2024

Listen to this page using ReadSpeaker
1696 lecturas
Listaxes para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De acordo co establecido no artigo 16 da resolución de 22 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e se procedeu á convocatoria de duascentas cincuenta (250) bolsas excelencia mocidade exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2024/25 nunha universidade galega, procédese á publicación de:

Proposta de resolución definitiva de persoas candidatas, suplentes e excluídas da bolsa
Descargar
Listaxe definitiva de 250 candidatos/as á bolsa (ordenada polas puntuacións outorgadas) Lista definitiva de 250 candidatos/as á bolsa (orde alfabética de apelido)
Descargar Descargar
Lista definitiva de 144 candidatos/as suplentes (ordenada polas puntuacións outorgadas) Lista definitiva de 144 candidatos/as suplentes (orde alfabética de apelido)
Descargar Descargar
Lista definitiva de 225 solicitantes de bolsa excluídos/as
Descargar

Nos casos de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivera unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia, e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 15.4 da resolución da convocatoria.

IMPORTANTE:
Para poder chegar a ser beneficiario/a de a bolsa débese acreditar estar matriculado/a en un máster universitario dos ofertados na convocatoria. O prazo para enviar o xustificante de matrícula a través da plataforma BEME finaliza o 8 de agosto de 2024 ás 23:59 h (hora peninsular española).

As 250 persoas da lista definitiva de persoas candidatas, sempre que acrediten estar matriculadas nun máster dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior, pasarían a ser beneficiarias da bolsa. Do mesmo xeito, as persoas que figuran na lista definitiva de 144 candidatos/as suplentes, sempre que acrediten estar matriculadas neste mesmo prazo, poderían chegar a ser adxudicatarias da bolsa no caso de que houbese vacantes porque persoas da lista de admitidos definitiva non se matriculasen ou desistisen da súa solicitude.

Por outra banda, se algunha persoa da lista definitiva de persoas candidatas ou suplentes decidise non continuar no proceso de selección desta convocatoria de bolsas, debe enviar a través da plataforma  BEME un escrito para renunciar que tamén está no menú da esquerda, na opción de “Renuncia” para non prexudicar a outras persoas candidatas da lista de suplentes que poderían ter opción de ser bolseiros/as.

A mediados de agosto de 2024 publicarase unha nota informativa nesta web coas listaxes das persoas beneficiarias  e das suplentes desta convocatoria de BEME 2024/25

Data de publicación: 
01.07.2024