Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos e galegas do exterior o mellor cine galego a través do Ciclo de cine Mestre Mateo

Dez centros galegos de América, Europa e resto de España serán os lugares onde se poderán visualizar dende xuño a novembro os filmes finalistas nas categorías tanto de mellor longametraxe como de mellor documental nos XXII Premios Mestre Mateo

  • Imaxe da presentación, no CIFP Audiovisual de Vigo, do Ciclo de cine Mestre Mateo 2024
    Imaxe da presentación, no CIFP Audiovisual de Vigo, do Ciclo de cine Mestre Mateo 2024
  • Imaxe da presentación, no CIFP Audiovisual de Vigo, do Ciclo de cine Mestre Mateo 2024
    Imaxe da presentación, no CIFP Audiovisual de Vigo, do Ciclo de cine Mestre Mateo 2024
  • Imaxe da presentación, no CIFP Audiovisual de Vigo, do Ciclo de cine Mestre Mateo 2024
    Imaxe da presentación, no CIFP Audiovisual de Vigo, do Ciclo de cine Mestre Mateo 2024
Presentación do Ciclo de cine galego Mestre Mateo 2024
Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo, 29 de maio de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou, xunto á directora de cine e membro da Academia Galega do Audiovisual, Anxos Fazáns, o programa da terceira edición do Ciclo de cine Mestre Mateo que poderán desfrutar a través da colaboración con dez centros de América, Europa e resto de España.
 
Esta iniciativa xorde do acordo entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual que permitirá achegar o cine feito en Galicia, e en concreto, os finalistas dos XXII Premios Mestre Mateo aos galegos e galegas do exterior a través destas entidades.
 
O secretario xeral da Emigración agradeceu o interese da Academia por “colaborar con nós para achegar o audiovisual que se realiza en Galicia ás nosas colectividades do exterior e tamén aos veciños das localidades seleccionadas, que poden así gozar da cultura feita na nosa terra para os nosos galegos”.
 
Antonio Rodríguez Miranda tamén destacou o esforzo dos centros galegos do exterior que colaborarán na posta en marcha desta iniciativa: a Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada, de Río de Xaneiro, a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo, o Centro Espanhol e Repatriação de Santos, o Hogar Español de Montevideo, o Patronato da Cultura Galega de Montevideo, o Centro Gallego de Avellaneda, o Centro Gallego de La Plata, o Lar Gallego de Pamplona, a Casa de Galicia en Gipuzkoa e o Centro Español de Ingolstadt.
   
Como parte integral do proxecto, a Academia Galega do Audiovisual proporcionará ferramentas específicas sobre produción e comunicación das proxeccións ás persoas encargadas da xestión desta iniciativa en cada centro galego do exterior e tamén se implicará a un grupo de persoas que se encargarán de coordinar a realización de cada proxección, e atender ás demandas das espectadoras e espectadores do ciclo.

728 lecturas