Listados provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no programa de 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior' 2024

Listen to this page using ReadSpeaker
1867 lecturas
Listados para descargar e información para emendar as solicitudes.
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co artigo 11 da Resolución do 22 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de duascentas cincuenta (250) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de Máster que se inicien no curso 2024/25 nunha universidade galega, procédese á publicación das :

Listados provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, con indicación da causa de exclusión

De conformidade co disposto no artigo 13.3 da resolución de convocatoria, as persoas provisionalmente excluídas disporán dun prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación nesta web, para que acheguen os documentos que se lles requiren. Transcorrido este prazo sen que se achegue dita documentación, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición, nos termos e condicións establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A presentación da documentación que se lle require deberá realizarse de forma electrónica a través da aplicación informática establecida nesta convocatoria de bolsas no apartado de “subsanación”.

Data publicación páxina web: 23.05.2024

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DE SUBSANACIÓN DO 24 DE MAIO AO 30 DE MAIO DE 2024 (ás 23.59 horas horario peninsular de España) ambos os dous incluídos

Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME 2024

Listados provisionais

Solicitudes admitidas Solicitudes excluídas
Descargar Descargar

 

  • Para emendar a súa solicitude e enviar a documentación requirida entre na aplicación en subsanación (pique aquí)
Data de publicación: 
23.05.2024
Data fin de prazo: 
30.05.2024