A Xunta de Galicia celebra a cultura galega en Ingolstadt coa festa "Galicia en Festa" no festival cinEScultura

O evento celébrase este sábado no marco do festival cinEScultura do Centro Español de Ingolstadt
O evento celébrase este sábado no marco do festival cinEScultura do Centro Español de Ingolstadt
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024.

Este sábado, 4 de maio, no marco do festival cinEScultura de Ingolstadt, do cal a Xunta de Galicia é coorganizadora, celebrarase unha gran festa adicada á cultura galega. O evento, denominado "Galicia en Festa", promete unha noite chea de gastronomía, música e diversión.

As e os asistentes poderán deleitarse cunha selección de tapas típicas galegas, incluíndo os famosos pementos de Padrón e o chourizo. Ademais, haberá postos ao estilo das feiras das vilas galegas, onde as e os participantes poderán probar sorte en xogos temáticos moi divertidos.

"Brindemos por Galicia e por todas as marabillas que nos ofrece esta terra única!", é o lema co que a Xunta de Galicia invita a todas e todos a unirse á celebración.

Máis información do Festival cinEScultura en www.centroespanoldeingolstadt.de/cinescultura.

450 lecturas