A Xunta de Galicia colabora na proxección da película 'The Way' no festival cinEScultura para promocionar o Camiño de Santiago

O filme 'The Way' proxéctase este martes no Festival cinEScultura, organizado polo Centro Español de Ingolstadt
O filme "The Way" proxéctase este martes no Festival cinEScultura, organizado polo Centro Español de Ingolstadt
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024.

No contexto da celebración do festival cinEScultura, do que a Xunta de Galicia é coorganizadora, esta tarde terá lugar a proxección da película The Way. O filme, que explora o Camiño de Santiago, será proxectado en versión alemá para facer accesible a súa comprensión ao público local.

Este evento ten lugar unha semana despois do éxito dunha conferencia sobre o Camiño de Santiago, tamén realizada en alemán, que xerou un gran interese entre as e os asistentes. A Xunta espera que esta proxección atraia a un gran número de espectadoras e espectadores alemáns e contribúa a espallar a cultura e tradición galegas en Alemaña.

Máis información do Festival cinEScultura en www.centroespanoldeingolstadt.de/cinescultura.

199 lecturas