Exposición de pintura 'MAD-VGO', en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
283 lecturas

Do mércores 6 ao venres 29 de marzo pode visitarse na Casa de Galicia en Madrid a mostra de pintura MAD-VGO da artista viguesa Cristina Fernández Núñez.

  • Licenciada en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid (1994), Cristina Fernández Núñez (Vigo, 1971) é docente e dirixe o estudo MV33 de debuxo e pintura artística desde 1995. A súa obra foi seleccionada en varias ocasións no Certamen Internacional de Artes Plásticas de Valdepeñas  e recibiu entre outros premios a medalla de honra na Bienal de Arte do Morrazo.

  • O seu traballo expón unha reflexión entre a orde e o caos, o real e o ficticio, a arquitectura e a natureza. Son recorrentes no seu traballo o cotián e o feminino, que pon de manifesto na súa obra sensible e chea de lirismo. Unha parte da súa exposición intégrana paisaxes; nelas non só queda patente o gusto pola lectura da pintora, senón a súa capacidade de converter as palabras en recursos plásticos que se integran nas devanditas paisaxes naturais como elementos case orgánicos.

  • Se o lirismo está presente en toda a súa pintura a través das súas paisaxes naturais, o compoñente simbólico é outra dos seus acenos de identidade. A porta, limiar entre o profano e o sacro está presente, e non só resulta evocador ao/á espectador/a por imaxinar que se esconde tras ela, senón que narra á perfección a dualidade de Cristina á hora de representar a paisaxe neste caso urbano, inspirándose no cotián.

Datas e horario de visita: do 06.03.2024 ao 29.03.2024, en horario de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. Festivos: de 10:00 a 14:00 h.

Exposición de pintura 'MAD-VGO', en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
06.03.2024
29.03.2024
Hora: 
10:00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
XII Festival Cultural Convergências Portugal-Galicia no Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026