Exposición de pintura 'MAD-VGO', en Madrid
Do mércores 6 ao venres 29 de marzo pode visitarse na Casa de Galicia en Madrid a mostra de pintura MAD-VGO da artista viguesa Cristina Fernández Núñez.
Licenciada en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid (1994), Cristina Fernández Núñez (Vigo, 1971) é docente e dirixe o estudo MV33 de debuxo e pintura artística desde 1995. A súa obra foi seleccionada en varias ocasións no Certamen Internacional de Artes Plásticas de Valdepeñas e recibiu entre outros premios a medalla de honra na Bienal de Arte do Morrazo.
O seu traballo expón unha reflexión entre a orde e o caos, o real e o ficticio, a arquitectura e a natureza. Son recorrentes no seu traballo o cotián e o feminino, que pon de manifesto na súa obra sensible e chea de lirismo. Unha parte da súa exposición intégrana paisaxes; nelas non só queda patente o gusto pola lectura da pintora, senón a súa capacidade de converter as palabras en recursos plásticos que se integran nas devanditas paisaxes naturais como elementos case orgánicos.
Se o lirismo está presente en toda a súa pintura a través das súas paisaxes naturais, o compoñente simbólico é outra dos seus acenos de identidade. A porta, limiar entre o profano e o sacro está presente, e non só resulta evocador ao/á espectador/a por imaxinar que se esconde tras ela, senón que narra á perfección a dualidade de Cristina á hora de representar a paisaxe neste caso urbano, inspirándose no cotián.
Datas e horario de visita: do 06.03.2024 ao 29.03.2024, en horario de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. Festivos: de 10:00 a 14:00 h.







