Xornada "Intérpretes galegas na emigración e no exilio"

Listen to this page using ReadSpeaker
106 lecturas

O venres 15 de marzo a partir das 16:15 h, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o Consello da Cultura Galega organiza a xornada Intérpretes galegas na emigración e no exilio.

  • A escena galega ten un gran patrimonio teatral fóra das nosas fronteiras. As actrices Manuela Rey, María Casares, Maruxa Villanueva ou a cantante lírica Dorinda Rodríguez son exemplos de intérpretes galegas na diáspora durante os séculos XIX e XX, pero moitas delas son descoñecidas para o gran público e pouco estudadas. Por iso, no contexto da celebración do Día Internacional das Mulleres e coincidindo coas funcións teatrais da coprodución Manuela Rey is in da house no Teatro Principal de Santiago de Compostela, na que participan o Centro Dramático Galego, o Teatro Nacional São João, o Teatro Nacional Dona Maria II e o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana, organízase unha xornada dedicada ás intérpretes galegas na emigración e no exilio, co propósito de estimular o debate arredor da visibilización e o recoñecemento destas figuras femininas, resaltando tanto a súa vida e obra como o seu proxecto artístico.
  • Esta xornada constitúe unha oportunidade para reivindicar o legado cultural destas mulleres, analizar o seu impacto na escena teatral local e internacional e explorar tanto a súa contribución artística como a súa influencia na configuración de identidades culturais diaspóricas, ademais de profundar na nosa comunicación coas comunidades galegas no exterior.

Cartel informativo: Descargar

Programa: Descargar

Inscricións: consellodacultura.gal

  • A inscrición é gratuíta
  • O número de prazas é limitado polas dimensións do espazo (30 persoas)
  • As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición

Máis info: consellodacultura.galdifusion@consellodacultura.gal

Xornada "Intérpretes galegas na emigración e no exilio"
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Data: 
15.03.2024
Hora: 
16:15
Lugar:
Teatro Principal
Rúa Nova, 21
Santiago de Compostela - 15705A Coruña
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Aula de lingua e cultura galegas 2024 - Aula GaliciaAberta
16.01.2024, 23.01.2024, 30.01.2024, 06.02.2024, 13.02.2024, 20.02.2024, 27.02.2024, 05.03.2024, 12.03.2024, 19.03.2024, 26.03.2024, 02.04.2024, 09.04.2024, 16.04.2024, 23.04.2024, 30.04.2024, 07.05.2024, 14.05.2024