Xornada "Intérpretes galegas na emigración e no exilio"
O venres 15 de marzo a partir das 16:15 h, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o Consello da Cultura Galega organiza a xornada Intérpretes galegas na emigración e no exilio.
- A escena galega ten un gran patrimonio teatral fóra das nosas fronteiras. As actrices Manuela Rey, María Casares, Maruxa Villanueva ou a cantante lírica Dorinda Rodríguez son exemplos de intérpretes galegas na diáspora durante os séculos XIX e XX, pero moitas delas son descoñecidas para o gran público e pouco estudadas. Por iso, no contexto da celebración do Día Internacional das Mulleres e coincidindo coas funcións teatrais da coprodución Manuela Rey is in da house no Teatro Principal de Santiago de Compostela, na que participan o Centro Dramático Galego, o Teatro Nacional São João, o Teatro Nacional Dona Maria II e o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana, organízase unha xornada dedicada ás intérpretes galegas na emigración e no exilio, co propósito de estimular o debate arredor da visibilización e o recoñecemento destas figuras femininas, resaltando tanto a súa vida e obra como o seu proxecto artístico.
- Esta xornada constitúe unha oportunidade para reivindicar o legado cultural destas mulleres, analizar o seu impacto na escena teatral local e internacional e explorar tanto a súa contribución artística como a súa influencia na configuración de identidades culturais diaspóricas, ademais de profundar na nosa comunicación coas comunidades galegas no exterior.
Cartel informativo: Descargar
Programa: Descargar
Inscricións: consellodacultura.gal
- A inscrición é gratuíta
- O número de prazas é limitado polas dimensións do espazo (30 persoas)
- As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición
Máis info: consellodacultura.gal | difusion@consellodacultura.gal

Evento:
Xornadas
Organiza:
Consello da Cultura Galega
Data:
15.03.2024
Hora:
16:15
Lugar:
Teatro Principal
Rúa Nova, 21
Santiago de Compostela - 15705A Coruña España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
28.02.2026
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026






