Literatura, crítica y mercado del libro en "De Mar a Mar" (1942-1943): una lectura de la revista a la luz de las conexiones editoriales del exilio gallego en la Argentina
Artigo de Federico Gerhardt publicado na revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos da Universidad Complutense de Madrid.
Resumo:
Este artigo analiza as relacións entre literatura, crítica e mercado do libro na revista literaria De Mar a Mar, publicada en Bos Aires entre 1942 e 1943 por un grupo de exiliados da Guerra Civil española, sobre todo galegos. A análise céntrase en dous aspectos específicos da revista: por unha banda, con respecto ao seu contido, analízanse as noticias bibliográficas e os anuncios editoriais publicados nas súas páxinas; por outra banda, en relación ao seu contexto, considérase o traballo dos seus directores e colaboradores habituais, no mercado editorial en Arxentina, que estaba vivindo daquela a súa “época de ouro”. A ligazón destes dous aspectos analizados bota luz sobre conexións editoriais que fundamentan a revista De Mar a Mar e que inciden na composición das súas diferentes entregas.


