Emigrantes, escuelas y regeneración social: Los emigrantes gallegos a América y el impulso a la educación (1879-1936)

Emigrantes, escuelas y regeneración social: Los emigrantes gallegos a América y el impulso a la educación (1879-1936)

Artigo de Antón Costa Rico publicado na Revista Brasileira de História da Educação da Sociedade Brasileira de História da Educação (SBHE). Un millón de galegas e galegos emigrou de Galicia a distintas terras americanas entre 1860 e 1930, a Cuba, Arxentina, Uruguai e Brasil, compoñendo un dos colectivos inmigrantes de maior densidade. Cara a  finais do século  XIX algúns deles enriquecidos promoveron cos seus recursos a creación de colexios en Galicia (España), que incorporaban os trazos dunha pedagoxía urbana, de acentos positivistas e reformistas. Outras e outros moitos, asociados entre si, enviaron a Galicia considerables remesas económicas durante as primeiras décadas do século  XX, chegándose a crear uns 150 colexios e case 500 aulas, estendidas por espazos rurais, dotándoas a miúdo de recursos didácticos novos e de orientacións relacionadas con aspectos centrais do ideario da Escola Nova, contribuíndo, así, á renovación e reforma escolar, neste caso, baixo os impulsos progresivos xerados en contacto coas realidades americanas.

ISBN: 
e-ISSN: 2238-0094
Autor: 
Antón Costa Rico
Ano publicación: 
2008
Idioma: 
Español
Editorial: 
Revista Brasileira de História da Educação, v. 8 n. 1 [16] (2008): Janeiro/Abril
714 lecturas