Miranda recibe ao presidente da Enxebre e Pelegrina Confraría da Queimada no País Vasco

O secretario xeral da Emigración agradeceu ao responsable da asociación, Xosé Antonio Vilaboa, o labor que realiza a prol da cultura galega no País Vasco.

  • Xosé Antonio Vilaboa e Antonio Rodríguez Miranda, no despacho de este en Santiago de Compostela
    Xosé Antonio Vilaboa e Antonio Rodríguez Miranda, no despacho de este en Santiago de Compostela
  • Xosé Antonio Vilaboa e Antonio Rodríguez Miranda, no despacho de este en Santiago de Compostela
    Xosé Antonio Vilaboa e Antonio Rodríguez Miranda, no despacho de este en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu onte ao presidente da Enxebre e Pelegrina Confradía da Queimada no País Vasco e presidente de Honra da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, Xosé Antonio Vilaboa, para agradecerlle o labor de conservación e difusión da cultura e tradicións galegas que a agrupación está a facer desde o País Vasco.

"Xosé Antonio Vilaboa Barreiro é un claro exemplo de que a emigración galega mantén moi fortes os lazos de unión con Galicia". O secretario seral da Emigración subliñou que a continúa dedicación á súa terra fixérono digno merecedor da Medalla Castelao que recibiu no ano 2016.
 
Enxebre e Pelengrina Confradía da Augardente e a Queimada no País Vasco
Xosé Antonio Vilaboa presentoulle ao secretario xeral da Emigración o programa de actividades da celebración do XXV Gran Capítulo da Enxebre e Pelegrina Confradía da Queimada no País Vasco, que se celebrará o vindeiro 1 de decembro na cidade de San Sebastián. 

990 lecturas