Feijóo anima aos galegos e galegas de México a continuar abrindo portas e ser o activo máis importante na estratexia de internacionalización da nosa economía

O presidente da Xunta iniciou a súa viaxe a México participando na Festa Campestre do 1 de maio. 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañaron ao presidente da Xunta nesta senlleira cita da Galeguidade.

Incide en que se México foi para Galicia un grande aliado na crise, “queremos que nesta nova etapa de recuperación a cooperación entre ambos os dous territorios siga sendo unha realidade”.

Afirma que hoxe a Comunidade volve a México coa mesma estabilidade política dos últimos dez anos, pero cunha situación económica máis próspera: con crecemento, con emprego e coa mellora de todos os sectores produtivos. 

Traslada o recoñecemento a todas as galegas e os galegos do exterior: “Aos que xa non están con nós e aos que, xunto ás xeracións máis novas, seguen comprometidos para facer máis intensos os lazos que nos unen con este país”.

Recorda que a Lei da galeguidade actualiza e amplía a vinculación con Galicia dos seus fillos e as súas fillas no exterior e garante a permanencia no tempo das institucións que agrupan aos nosos e ás nosas emigrantes.

  • O presidente da Xunta iniciou a súa viaxe a México participando na celebración do 1º de maio que organiza o Centro Galego da capital azteca
    O presidente da Xunta iniciou a súa viaxe a México participando na celebración do 1º de maio que organiza o Centro Galego da capital azteca
  • O presidente da Xunta iniciou a súa viaxe a México participando na celebración do 1º de maio que organiza o Centro Galego da capital azteca
    O presidente da Xunta iniciou a súa viaxe a México participando na celebración do 1º de maio que organiza o Centro Galego da capital azteca
  • O presidente da Xunta iniciou a súa viaxe a México participando na celebración do 1º de maio que organiza o Centro Galego da capital azteca
    O presidente da Xunta iniciou a súa viaxe a México participando na celebración do 1º de maio que organiza o Centro Galego da capital azteca
Listen to this page using ReadSpeaker
Cidade de México, 1 de maio de 2018.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe aos galegos e ás galegas de México a continuar abrindo portas e ser o activo máis importante na estratexia de internacionalización da nosa economía. “Seguimos contando con vós para alcanzar novos logros”, aseverou, incidindo en que se México foi para Galicia un grande aliado na crise, “queremos que nesta nova etapa de recuperación a cooperación entre ambos os dous territorios siga sendo unha realidade”.

Durante a súa participación na Festa Campestre do 1 de Maio, Feijóo afirmou que hoxe Galicia está en condicións de contemplar o futuro con máis optimismo e volve a México coa mesma estabilidade política dos últimos dez anos, pero cunha situación económica máis próspera: con crecemento, con emprego e coa mellora de todos os sectores produtivos.

Ao respecto, o responsable do Goberno galego quixo trasladar o recoñecemento e a gratitude a todas e todos os galegos do exterior: “Aos que xa non están con nós e aos que, xunto ás xeracións máis novas, seguen comprometidos e implicados para facer máis intensos os lazos que nos unen con este país e que deben adaptarse ao escenario e ás necesidades do século XXI”.

Para logralo aseverou que, pola súa banda, a Xunta seguirá traballando tamén para devolver, polo menos en parte, a dedicación e entrega a Galicia dos residentes ausentes, a través do impulso da Lei da galeguidade. Unha norma que actualiza e amplía a vinculación con Galicia das súas fillas e os seus fillos no exterior e que garante a permanencia no tempo das institucións que agrupan ás nosas e aos nosos emigrantes.

“Parabéns polos proxectos vitais que construístes; parabéns por contribuír á mellora da produtividade deste país; e parabéns, en definitiva, por ser decisivos no que é hoxe México”, abundou.

O presidente da Xunta concluíu a súa intervención cunhas palabras de recordo para José González, “que morreu hai pouco máis dun mes en circunstancias moi tráxicas e inxustas”, así como de agarimo para toda a súa familia e amizades.

1725 lecturas