Nota informativa sobre os cambios lexislativos en materia sociolaboral en Alemaña

O documento publicado pola Embaixada de España no país xermano recolle os cambios que entraron en vigor en xaneiro de 2016.

Tamén se informou sobre un servizo de asesoramento sobre C.V. que presta a Agentur für Arbeit en Berlín e Hannover.

Embaixada de España en Berlín
Embaixada de España en Berlín
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2016.

A Consellería de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Alemaña vén de publicar unha nota informativa (pódese descargar picando aquí) na que se da conta dos cambios lexislativos en materia sociolaboral (Seguridade social, asistencia sanitaria, mercado laboral, familia, formación, e migración e persoas refuxiadas) que entraron en vigor en Alemaña con data 1 de xaneiro de 2016.

Así mesmo, informa sobre o servizo asesoramento individual -en idioma alemán- sobre CV e cartas de presentación que a Agentur für Arbeit (Axencia Federal de Emprego de Alemaña) prestará todos os xoves non festivos en Berlín e Hannover:

  • Hannover: de 16,00 a 18,00 h. na Axencia de Emprego, Centro de Información Profesional (BIZ), Escherstr. 17, 30159 Hannover. Inscrición e información en 0511/919 2198 ou hannover.biz@arbeitsagentur.de (Frau Bordian)
  • Berlín: de 13,00 a 18,00 h. na Axencia de Emprego, Centro de Información Profesional (BIZ), Königin - Elizabeth-Str. 49, 14059 Berlín (sen necesidade de inscrición previa)
898 lecturas