Aprender francés en clases gratuítas á beira do lago Leman

As clases desenvoveranse ata o vindeiro 14 de agosto
As clases desenvoveranse ata o vindeiro 14 de agosto
Listen to this page using ReadSpeaker
Lausanne, 15 de xullo de 2015.

De luns a venres, entre as 18,00 e 19,30 h., a praia de Vidy en Lausanne transfórmase en aula ao aire libre. Dende o pasado 13 de xullo e ata o 14 de agosto, o Concello promove o idioma francés con clases estivais gratuítas nun ambiente agradable. A idea vén materializándose cada ano dende o 2010.

Os cursos están concibidos para facilitar situacións do día a día como facer as compras, presentarse e orientarse. Os obradoiros pretenden desactivar os complexos da aprendizaxe e animar ás e aos participantes a seguir o seu esforzo despois do verán a través de cursos tradicionais. Non é necesaria inscrición: abonda con presentarse no céspede ao lado da praia ao inicio da clase.

Fonte e foto: www.espanoles.ch

1000 lecturas