Xesús Vázquez Abad cualifica de “agasallo documental e artístico” a exposición itinerante ‘As fotos máis antigas de Galicia’ que se pode visitar dende hoxe en Santiago

O conselleiro de Cultura e Educación participou na inauguración da mostra que este mes estará dispoñible no Café Casino e, posteriormente, percorrerá outros catro centros socioculturais da capital galega.

Parte das imaxes foron parte dun álbum fotográfico co que se agasallou á raíña Isabel II nunha visita oficial que fixo a Santiago no ano 1858.

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou no Café Casino de Santiago ‘As fotos máis antigas de Galicia’. Foto: Xoán Crespo
    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou no Café Casino de Santiago ‘As fotos máis antigas de Galicia’. Foto: Xoán Crespo

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe no Café Casino de Santiago As fotos máis antigas de Galicia, unha exposición que reúne un total de vinte instantáneas –dezanove de Santiago e unha de Ferrol– nas que se amosan monumentos, espazos ou acontecementos de mediados do século XIX.

Nesta mostra, levada a cabo por Alvarellos Editorial en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación e co Concello de Santiago, “atopámonos –dixo Vázquez Abad– ante unha senlleira representación visual na que, máis que cantidade, o que importa realmente é o agasallo documental e artístico” que estará dispoñible no Café Casino da rúa do Vilar todo o mes de setembro e, nos próximos meses, percorrerá un total de catro centros socioculturais da capital galega –Fontiñas, A Rocha, Ensanche e Conxo– para viaxar, posteriormente, a outros puntos do país.

As fotografías
Parte das imaxes, agora rescatadas, foron incluidas no álbum fotográfico co que se agasallou á raíña Isabel II cando, no ano 1858, visitou Santiago e diversos puntos da comunidade autónoma, e proceden de varios arquivos públicos, coleccións privadas, traballos de investigación ou do Palacio Real de Madrid onde aínda se conserva un orixinal.

O artista compostelán Andrés Marcelino Cisneros é o autor de dezanove das vinte imaxes que, por primeira vez, se poderán ver xuntas en público. Tal e como dixo Vázquez Abad, detrás do obxectivo destas imaxes “descubrimos a un auténtico precursor da fotografía galega e española ao que lle debemos o feito de que Santiago de Compostela figure entre as cidades pioneiras no cultivo dun xénero artístico que revolucionaría a nosa forma de ver a realidade, a nosa maneira de ver e comprender o mundo, como é a fotografía”.

A editorial Alvarellos xa publicou o pasado mes de agosto unha serie de dez postais conmemorativas cunha selección das mellores imaxes que se poden ver nesta mostra xa que, segundo sinala Alvarellos “a orixe e difusión das cartas postais está moi vencellada ao invento da fotografía, polo que pensamos que era unha boa idea esta edición de postais”.

871 lecturas