O Centro Gallego de Móstoles celebrou un concurso de tortillas no que se promocionaba a pataca galega

A entidade galega da populosa cidade do suroeste de Madrid (fundada en 1997) organizou, tamén, unha visita ao Museo de la Ciencia y Tecnología da capital de España.

  • Na imaxe, un momento da visita ao Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España (MUNCYT)
    Na imaxe, un momento da visita ao Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España (MUNCYT)
  • Na imaxe, un momento da visita ao Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España (MUNCYT)
    Na imaxe, un momento da visita ao Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España (MUNCYT)
  • Na foto, un momento da cata do concurso, que se celebrou o pasado sábado 15
    Na foto, un momento da cata do concurso, que se celebrou o pasado sábado 15
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2014.

O Centro Gallego de Móstoles organizou, o pasado 15 de marzo, un concurso culinario co obxecto de potenciar a cociña caseira, utilizando ingredientes de orixe galega. O único requisito foi utilizar patacas cuxa orixe fose de Galicia. O resto de ingredientes era á libre elección das persoas concursantes, podendo utilizar outros como cebola, pementos, chourizo, etc.

Presentáronse 6 tortillas, confeccionadas todas elas con patacas de orixe galega (de Xinzo, de Lugo, e da Coruña) acompañadas con outros ingredientes. O Xurado, valorando o aspecto, textura, sabor e logo de deliberación, outorgou o premio á tortilla de patacas de Lugo.

Tamén, o sábado 8, a entidade galega do suroeste de Madrid organizou para as súas asociadas e asociados unha visita ao Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España (MUNCYT), situado no madrileño Paseo de las Delicias, que permitiu ás e aos asistentes coñecer, dende outra ollada, as orixes da ciencia e a tecnoloxía dende a Prehistoria ata a Idade Contemporánea.

Así, a través dos obxectos máis habituais nos laboratorios de física e química, pezas antigas sobre astronomía, matemáticas e navegación, a pila eléctrica, as medidas, ordenadores, aparatos musicais, o movemento, as orixes do cine, a fotografía, a hixiene, o tempo, o automóbil, as motocicletas, etc, permitíronlles coñecer a evolución e desenvolvemento das ciencias e as tecnoloxías dende os seus comezos ata os nosos días.

1287 lecturas