Preséntase hoxe en Bos Aires "Cometa que sigue disparado", o libro de María Cristina Nogueira

A obra fala da emigración do seu avó e a súa avoa dende unha pequena aldea de Galicia ata a Arxentina e das mulleres da súa familia, as personaxes máis fortes do libro.

Será no Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA) este venres 28 de xuño a partir das 19,00 h., con entrada libre e de balde.

  • 'Cometa que sigue disparado' (Bueu Ediciones, 314 páxinas)
    "Cometa que sigue disparado" (Bueu Ediciones, 314 páxinas)
  • 'Cometa que sigue disparado' é un percorrido pola historia da familia da autora, dende unha aldea de Galicia ata Villaguay
    "Cometa que sigue disparado" é un percorrido pola historia da familia da autora, dende unha aldea de Galicia ata Villaguay
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 28 de xuño de 2013.

O Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA) e a Federación de Asociaciones Gallegas invitan á presentación do libro Cometa que sigue disparado, da escritora e docente María Cristina Nogueira, o próximo venres 28 de xuño.

Con entrada libre e gratuíta, a reunión desenvolverase hoxe venres 28 de xuño ás 19,00 h. no Salón Arturo Cuadrado, situado no primeiro piso de Chacabuco 955, do porteño barrio de San Telmo, Cidade Autónoma de Bos Aires.

A autora remarcou que "o libro é a historia da emigración dos meus avós e a morriña que eu percibía neles. Trata sobre o papel das mulleres da familia, que son os personaxes máis fortes e máis desenvolvidos da obra,".

Máis adiante, Nogueira explicou que a escritura o demandou ao redor de 20 anos, tempo no cal se incorporan novas personaxes. "É unha historia autobiográfica, onde hai un narrador omnisciente que vai contando os acontecementos en primeira persoa. Ás veces con voz infantil, outras como protagonista adulto", destacou.

Cometa que sigue disparado (Bueu Ediciones, 314 páxinas) é un percorrido pola historia da familia da autora, dende unha aldea de Galicia ata Villaguay, Entre Ríos. A vida do seu avó e a súa avoa, a súa infancia, os seus anos de estudante en Rosario, a súa residencia en Córdoba, a militancia nos anos 70 con honestidade e autocrítica, e o seu presente como avoa.

Perfil da escritora
Nacida en Paraná, provincia de Entre Ríos, María Cristina Nogueira reside en Córdoba, onde se desempeñou como profesora de inglés. Estudou alemán e francés, ao tempo que se licenciou en Comunicación Social. Tamén participou en distintos talleres literarios, entre eles no da destacada escritora Lilia Lardone.

A obra foi presentada recentemente nun céntrico bar da cidade de Córdoba, e na Biblioteca Popular "Felisa Lavandeira" de Villaguay, Entre Ríos. Mentres desenvolve tamén a súa veta como artista visual, Nogueira encóntrase traballando nun ensaio sobre a muller e o problema da liberación do patriarcado, comparando esta loita con mulleres do século XIX e os avances actuais.

 

Fonte e foto: Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA) - Federación de Asociaciones Gallegas

1021 lecturas