Subvencións correspondentes aos programas de Apoio Infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2013
Destinatarios/as:
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade, de conformidade coa Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, ou a súa condición de centro colaborador, mediante resolución aprobatoria ditada pola Secretaría Xeral da Emigración ao abeiro da disposición adicional única do Decreto 195/1991, do 30 de maio, polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas.
Non poderán concorrer ás subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades que teñan adoptado o acordo de iniciar un proceso de unión, en tanto o devandito proceso non estea finalizado.
Data límite de presentación de solicitudes: ata o 27 de maio de 2013 (inclusive)
Programas de Axudas e Subvencións:
- Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións.
- Programa B. Axudas a entidades galegas no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos.
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica
Outra documentación para descargar:
- Notas importantes sobre as subvencións (picar aquí para descargar)
- Guía para a presentación das subvencións (picar aquí para descargar)
- Texto completo da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)



