Reformulación de solicitudes polas entidades galegas no exterior. Ano 2013

Listen to this page using ReadSpeaker
813 lecturas
Relación de entidades galegas que poden presentar no prazo establecido a reformulación das súas solicitudes nos Programas que se indican, correspondentes ás convocatorias do ano 2013.
Estado: 
Procedemento pechado
  • Resolución do 8 de abril de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2013 (DOG. nº 73, do 16/04/2013)
  • Resolución do 22 de abril de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2013 (DOG. nº 81, do 26/04/2013)

Téndose xa realizada polo órgano colexiado a avaliación correspondente referida aos expedientes de solicitude de subvención presentados ao amparo dos programas incluídos nas resolucións arriba indicadas, e unha vez formulada a proposta de resolución provisional, de acordo co establecido no art. 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Secretaría Xeral da Emigración insta ás entidades que se relacionan, no Anexo que se achega, a que presenten no prazo establecido, se o consideran conveniente, a reformulación das súas solicitudes nos programas que se indican, para axustar os compromisos e as condicións ás subvencións outorgables, xa que os importes provisionais que se propoñen son inferiores aos que figuran nas solicitudes presentadas por ditas entidades.

A realización da comunicación ás entidades para que reformulen as súas solicitudes, efectúase hoxe por medio de publicación no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web http://emigracion.xunta.es. As entidades solicitantes teñen un prazo de dez días, que se computarán desde a data de publicación desta comunicación na páxina web indicada, para remitir á Secretaría Xeral da Emigración a reformulación das súas solicitudes para a súa análise.  No caso daquelas entidades que non respondan nese prazo, entenderase que aceptan o importe da subvención que aparece na proposta de resolución provisional. Por outra parte, dentro de ese prazo as entidades tamén poden optar por desistir dalgunha/s das solicitudes.

Con esta mesma data, e nun só intento, a Secretaría Xeral da Emigración remite ao enderezo de correo electrónico de cada entidade incluída no Anexo, sempre que este conste na solicitude presentada, unha comunicación dando conta da realización desta publicación e dos importes propostos.

A solicitude reformulada por unha entidade, ou a primeira, se non se presentase a reformulación ou o desistimento, deberá ser executada na súa totalidade, tanto nas finalidades como nos importes.  En calquera caso, a reformulación de solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención incluídas na solicitude inicial.

En todo caso, a solicitude reformulada deberá merecer, de ser o caso, a conformidade do órgano colexiado de valoración, quen posteriormente remitirá o actuado ao órgano competente para que dite a resolución.

 

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2013

O subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas
Ramón Brigos Fernández

Data de publicación: 
05.08.2013
Data fin de prazo: 
17.08.2013