Requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro do "Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións". Ano 2013.

Listen to this page using ReadSpeaker
818 lecturas
ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES PRESENTADAS AO ABEIRO DO PROGRAMA A. AXUDAS A ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA A REFORMA, REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN DAS SÚAS INSTALACIÓNS DA RESOLUCIÓN DO 22 DE ABRIL DE 2013 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCAN AS SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AOS PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTURAL ÁS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA O EXERCICIO 2013
Estado: 
Procedemento pechado

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro do Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións da Resolución do 22 de abril de 2013 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2013 (D.O.G. nº 81, do 26 de abril de 2013), e de acordo co establecido no artigo 7.2 e 14 da devandita resolución, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda.

De acordo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de non emendar a falta ou non achegar a documentación requirida no prazo antedito, terase por desistida á entidade da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2. C.P. 15704 Santiago de Compostela, ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60.

As contestacións ás solicitudes de información polo/a solicitante terán un carácter meramente informativo, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Esta publicación realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web http://emigración.xunta.es.
 

 

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2013.

O subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas
Asdo. Ramón Brigos Fernández

Data de publicación: 
18.06.2013
Data fin de prazo: 
01.07.2013