A Xunta recibe ás e aos cooperantes que se incorporarán aos seus próximos destinos en América do Sur e África

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE recibiu aos novos bolseiros e bolseiras de cooperación internacional antes da súa inminente incorporación aos seus proxectos.

Os países que contaran con presenza galega son Nicaragua, Guatemala, O Salvador, Perú, República Dominicana, Ecuador, Mozambique, Bolivia e Ecuador.

  •  O director xeral cos 12 bolseiros e bolseiras de formación en cooperación para o desenvolvemento. Foto: Xoán Crespo.
    O director xeral cos 12 bolseiros e bolseiras de formación en cooperación para o desenvolvemento. Foto: Xoán Crespo.
  •  O director xeral cos 12 bolseiros e bolseiras de formación en cooperación para o desenvolvemento. Foto: Xoán Crespo.
    O director xeral cos 12 bolseiros e bolseiras de formación en cooperación para o desenvolvemento. Foto: Xoán Crespo.
  •  O director xeral cos 12 bolseiros e bolseiras de formación en cooperación para o desenvolvemento. Foto: Xoán Crespo.
    O director xeral cos 12 bolseiros e bolseiras de formación en cooperación para o desenvolvemento. Foto: Xoán Crespo.
Listen to this page using ReadSpeaker

A Xunta recibiu ás e aos cooperantes que se incorporarán aos seus destinos en América do Sur e África nos vindeiros días. Son os adxudicatarios e adxudicatarias das doce bolsas de formación en cooperación para o desenvolvemento, convocadas polo Goberno galego para este ano 2012.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, fixo especial referencia na súa intervención á importancia da formación de persoal experto no ámbito de cooperación para o desenvolvemento, recollida no Plan director da cooperación galega 2010-2013, no obxectivo de fomentar a formación nos ámbitos de cooperación para o desenvolvemento.

Gamallo destacou a utilidade deste instrumento para facilitar aos bolseiros unha experiencia para familiarizarse cos procedementos administrativos dunha estrutura gobernamental, o beneficio que supón para a Administración, por ser un investimento que terá un retorno a medio e longo prazo para todo o sistema de cooperación e pola importancia de reforzar a relación entre a Xunta e outras institucións nas que se desenvolven as bolsas.

O director xeral, incidiu na importancia de que os novos bolseiros e bolseiras entran a formar parte da familia das e dos cooperantes galegos polo que lles corresponde ser embaixada da Cooperación Galega alí onde vaian. Segundo explicou, realizarán un labor solidario e achegarán a súa contribución á construción dun mundo no que a xustiza e a igualdade non sexan só palabras e boas intencións e desexoulles a todos que a experiencia que van vivir sexa o máis satisfactoria posible, tanto no ámbito da formación como no persoal.

Destinos da Cooperación Galega
Os novos bolseiros e bolseiras incorporaranse a diferentes destinos en distintos organismos nacionais e internacionais de cooperación para desenvolvemento en países prioritarios da cooperación galega. Tres deles e delas recibirán a formación na sede da Dirección Xeral, 7 incorporaranse a distintas oficias técnicas de cooperación da AECID en Latinoamérica e África -Nicaragua, Guatemala, O Salvador, Perú, República Dominicana, Ecuador e mais Mozambique-; e outros dous aos organismos multilaterais de nacións unidas FAO, na súa representación en Bolivia e ONU Mulleres, na sede de Ecuador.Todos eles iniciarán a súa formación o 1 de xuño, durante 11 meses. A xornada de presentación dos bolseiros e bolseiras continuará o vindeiro venres cunha vista a sede da AECID en Madrid.

964 lecturas