II Concurso de debuxo e pintura "Un mundo de cor" 2012
Información e bases do concurso dirixido ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria dos centros escolares galegos.
- Organiza: A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

- Destinatarios/as e categorías: Alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria (ESO) dos centros escolares públicos, concertados e privados de Galicia:
-1ª categoría: 1º, 2º e 3º Primaria
-2ª categoría: 4º, 5º e 6º Primaria
-3ª categoría: ESO
- Tema: Os traballos reflectirán temas relacionados coa integración da poboación inmigrante, a súa contribución ao desenvolvemento de Galicia ou a igualdade existente entre todas as persoas con independencia da súa orixe, raza ou nacionalidade.
- Técnica: Poderán realizarse con calquera material, técnica e soporte e en calquera tamaño.
- Prazo de presentación: Achegaranse á Secretaría Xeral da Emigración, a través da Dirección dos centros escolares ata o 30 de xuño de 2012.
- Fallo do concurso: O fallo do concurso comunicarase por medios telemáticos a través da web da Secretaría Xeral da Emigración htpp://emigracion.xunta.es e do boletín informativo editado dixitalmente na web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria www.edu.xunta.es/web/boletininformativo. Tamén se comunicará por escrito aos centros escolares que contaron con gañadores/as.
- Premios:
-1ª Categoría: unha caixa de pinturas, un caderno de pintura e un lote de libros infantís (1º premio), unha caixa de pinturas e un lote de libros infantís (2º premio), e un lote de libros infantís (3º premio)
-2ª Categoría: unha PSP e un lote de libros infantís (1º premio), un MP-4 e un lote de libros infantís (2º premio), e un lote de libros infantís (3º premio)
-3ª Categoría: unha Play Station e un lote de libros xuvenís (1º premio), un MP-4 e un lote de libros xuvenís (2º premio), e un lote de libros xuvenís (3º premio)
Os centros escolares con alumnos/as premiados/as recibirán un diploma de recoñecemento.
- Máis información:
-Nota informativa (picar aquí para descargar)
-Bases do concurso (picar aquí para descargar)
-E no enderezo de correo-e inmigracion.retorno@xunta.es, no portal GaliciaAberta https://emigracion.xunta.es e no boletín informativo editado dixitalmente na web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria www.edu.xunta.es/web/boletininformativo
![]() Documentación asociada | |
|---|---|
| 115.25 KB |
Novas relacionadas




