Reformulación de solicitudes polas entidades galegas no exterior. Ano 2012.

Listen to this page using ReadSpeaker
1788 lecturas
Relación de entidades galegas que poden presentar no prazo establecido a reformulación das súas solicitudes nos Programas que se indican, correspondentes ás convocatorias do ano 2012.
Estado: 
Procedemento pechado
  • Resolución do 28 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012 (DOG. nº 10, do 16/01/2012).
  • Resolución do 28 de decembro de 2011 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012 (DOG. nº 10, do 16/01/2012).

Téndose xa realizada polo órgano colexiado a avaliación correspondente referida aos expedientes de solicitude de subvención presentados ao amparo dos programas incluídos nas resolucións arriba indicadas, e unha vez formulada a proposta de resolución provisional, de acordo co establecido no art. 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Secretaría Xeral da Emigración insta ás entidades que se relacionan, no Anexo que se achega, a que presenten no prazo establecido, se o consideran conveniente, a reformulación das súas solicitudes nos programas que se indican, para axustar os compromisos e as condicións ás subvencións outorgables, xa que os importes provisionais que se propoñen son inferiores aos que figuran nas solicitudes presentadas por ditas entidades.

A realización da comunicación ás entidades para que reformulen as súas solicitudes, efectúase hoxe por medio de publicación no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web GaliciaAberta https://emigracion.xunta.es. As entidades solicitantes teñen un prazo de dez días, que se computarán desde a data de publicación desta comunicación na páxina web indicada, para remitir á Secretaría Xeral da Emigración a reformulación das súas solicitudes para a úa análise.  No caso daquelas entidades que non respondan nese prazo, entenderase que aceptan o importe da subvención que aparece na proposta de resolución provisional. Por outra parte, dentro de ese prazo as entidades tamén poden optar por desistir dalgunha/s das solicitudes.

Con esta mesma data, e nun só intento, a Secretaría Xeral da Emigración remite ao enderezo de correo electrónico das entidades incluídas no Anexo, sempre que este conste na solicitude, unha comunicación dando conta da realización desta publicación e dos importes propostos.

A solicitude reformulada por unha entidade, ou a primeira, se non se presentase a reformulación ou o desistimento, deberá ser executada na súa totalidade, tanto nas finalidades como nos importes.  En calquera caso, a reformulación de solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención incluídas na solicitude inicial.

En todo caso, a solicitude reformulada deberá merecer, de ser o caso, a conformidade do órgano colexiado de valoración, quen posteriormente remitirá o actuado ao órgano competente para que dite a resolución.

Anexo de Entidades que poden presentar Reformulación: (picar aquí para descargar)

Documentación para descargar (debe cubrirse manualmente):

Documentación para cubrir on-line*:

*Nota: Os formularios online permiten cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Pero recorde que se garda o documento perderanse tódolos cambios realizados.

 

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2012.

O subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas

Andrés Castro Bande

Data de publicación: 
25.04.2012
Data fin de prazo: 
08.05.2012