Requirimento único ás entidades que, transcorrido o prazo establecido, non presentaron a documentación xustificativa nos programas de subvencións do ano 2012

Listen to this page using ReadSpeaker
1457 lecturas
Listaxes para descargar coa relación de entidades
Estado: 
Procedemento pechado

No presente ano 2012 a Secretaría Xeral da Emigración concedeulle subvencións ás entidades que se relacionan no Anexo, en atención ás solicitudes presentadas ao amparo dalgún/s dos programa/s incluídos nalgunha/s das seguintes convocatorias: Resolución do 28 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012 ( publicada no D.O.G. nº 10, do 16/01/2012); e/ou da Resolución do28 de decembro de 2011  pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012 ( publicada no D.O.G. nº 10, do 16/01/2012).

De acordo co artigo 11º das devanditas resolucións, “a acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 30 de setembro de 2012”. Polo tanto, xa transcorreu o prazo establecido de xustificación, sen que polas entidades que aparecen indicadas no Anexo se presentase ante a Secretaría Xeral da Emigración a documentación xustificativa preceptiva correspondente aos programas que se indican.

E, de acordo co establecido no artigo 45º do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, esta Secretaría Xeral require ás entidades relacionadas no Anexo para que no prazo improrrogable de dez días presenten completa a documentación xustificativa nos programas que se indican.

A falta de presentación, ou a presentación incompleta, da xustificación requirida no prazo establecido anteriormente comportará a perda do dereito ao cobro da subvención pola entidade, e, no seu caso, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional que se establece non eximirá ao beneficiario das sancións que correspondan, conforme á devandita Lei 9/2007.

 

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012.

O Subdirector Xeral de Centros e Comunidades Galegas


Andrés Castro Bande

Data de publicación: 
04.10.2012
Data fin de prazo: 
17.10.2012