Requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro do "Programa B. Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos". Ano 2012.

Listen to this page using ReadSpeaker
1317 lecturas
PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES PRESENTADAS AO ABEIRO DO PROGRAMA B. AXUDAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS DE EMIGRANTES GALEGOS NO EXTERIOR PARA A MELLORA DE DOTACIÓNS E EQUIPAMENTOS DA RESOLUCIÓN DO 28 DE DECEMBRO DE 2011 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCAN AS SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AOS PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTURAL ÁS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA O EXERCICIO 2012.
Estado: 
Procedemento pechado

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro do Programa B. Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos da Resolución do 28 de decembro de 2011 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012 (D.O.G. nº 10, do 16 de xaneiro de 2012), e de acordo co establecido no artigo 8.2 e 15 da devandita resolución, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda.

De acordo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de non emendar a falta ou non achegar a documentación requirida no prazo antedito, terase por desistida á entidade da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo, na Rúa Basquiños, 2. C.P. 15704 Santiago de Compostela, ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60.

As contestacións ás solicitudes de información polo solicitante terán un carácter meramente informativo, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Esta publicación realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web GaliciaAberta http://emigracion.xunta.es.


Ver Anexo con listado: (picar aquí para descargar).

 

Documentación Anexa para descargar:

Anexos Programa B: Anexo II e Anexo III: Formularios para cubrir on-line* (picar aquí para descargar)

*Nota: Os formularios on-line permiten cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Pero recorde que se garda o documento perderanse tódolos cambios realizados.


Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2012.

O subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas

Andrés Castro Bande

Data de publicación: 
16.03.2012
Data fin de prazo: 
29.03.2012