Festa de San Roque e Os Caneiros no Centro Betanzos de Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2011.

O próximo domingo 28 de agosto o Centro Betanzos de Bos Aires acollerá o Gran Xantar para celebrar a festividade de San Roque e Os Caneiros no Salón Centro Lalín ás 13.00 horas.

O centro, fundado o 5 de decembro de 1905, está declarado sitio de Interese Cultural e en 2009 recibiu a Medalla de Ouro da Emigración. Con motivo do Gran Xantar, a entidade prepara para os asistentes un menú a base de empanada crioula, pescada á romana con ensalada mixta, carne de porco con papas á española, sobremesa e viños branco e tinto. A xornada festiva contará coa presenza da Grande Orquestra Internacional para amenizar a xornada con ritmos actuais e de todos os tempos.

O pasado día 17, no salón Geno Díaz da entidade, participou nun ciclo de conferencias María Teresa Amado, doutora en Filoloxía Clásica e profesora do departamento de latín e grego da Unversidade de Santiago de Compostela con motivo da festividade. Amado chegou ao Centro Betanzos para realizar unha descrición sobre a vida e obra de Manuel Roel.

918 lecturas