Falece en Bos Aires o músico de Agolada Evaristo López

O emigrante naceu o 24 de xuño de 1926 en Buxel.

Listen to this page using ReadSpeaker

O presidente da Banda de Agolada, Anxo Utrera, facíase eco estes días no seu blog Ao pe do Farelo, do falecemento en Bos Aires de Evaristo López Moure. Un músico nacido o 24 de xuño de 1926 en Buxel, na parroquia de Artoño e emigrado a Arxentina, en cuxa capital residía dende 1951. Utrera recolle unha carta manuscrita enviada no seu día por este músico autodidacta que se iniciou na Banda de Brántega, chamada a Banda Dulce e na que López Moure relata os seus inicios musicais e os seus estudos na Academia da Banda de Brántega.

871 lecturas