Subdirección Xeral da Emigración e das Comunidades Galegas
Contacto
Antonio Casas Calviño
Dirección: Mazarelos, 15 - C.P.: 15703 - Santiago de Compostela
Tel.: 981 54 72 65
Funcións
Correspóndelle á Subdirección Xeral da Emigración e das Comunidades Galegas as seguintes funcións:
a) A asistencia á persoa titular da secretaría xeral en materia de política social a favor da cidadanía galega no exterior e no campo das relacións institucionais cos centros e as comunidades galegas no exterior.
b) A elaboración de programas sociais e de axudas que melloren o benestar social e a calidade de vida da cidadanía galega no exterior, corrixindo aquelas desigualdades que poidan existir entre mulleres e homes.
c) A preparación e xestión dos convenios de colaboración coas distintas administracións públicas, os seus organismos e demais institucións, persoas físicas e xurídicas que, en relación cos centros e comunidades galegas no exterior, teñen por obxecto a consecución das actividades nos campos social, educativo, formativo e cultural que procedan.
d) A elaboración de disposicións normativas, estudo, informes e os programas necesarios para a execución da política en relación coa cidadanía galega no exterior e coas comunidades galegas, relativas a materias propias desta subdirección xeral.
e) A colaboración coas delegacións da Xunta de Galicia no exterior e as oficinas de información e asesoramento en materia de programas sociais e asistenciais á cidadanía galega no exterior.
f) A coordinación e dirección das xefaturas de servizo nas que se estrutura a subdirección xeral, no desenvolvemento das competencias específicas que teñan atribuídas, podendo encomendarlle por razón da súa competencia calquera outra función para a execución dos proxectos, obxectivos e actividades da subdirección.
g) En xeral, prestar asistencia e desenvolver calquera outra función que por razón da súa competencia lle encomende a persoa titular da secretaría xeral.
Organismos dependientes
Servizo de Programas Socio-Asistenciais
Servizo de Promoción das Comunidades Galegas