IIIº Ciclo de cine galego en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
739 lecturas

A Comisión de Cultura do Centro Galicia de Bos Aires e a Cátedra Galicia-América (Programa Lectura Mundi, Universidad Nacional de San Martín) da capital arxentina organizan, coa coordinación do documentalista Jorge Gil Morabes, a 3ª edición do Ciclo de cine galego en Bos Aires, con entrada libre e de balde, e no que se proxectarán os seguintes filmes:

Venres, 6 de setembro, 19:30 h - Pelerinaxes (2016)

  • Dirección: Simone Saibene
  • Comentan: Jorge Gil Morabes (coordinador do ciclo) e Jorge Gómez de la Serna

Venres, 27 de setembro, 19:30 h - Encallados (2013)

  • Dirección: Alfonso Zarauza
  • Comentan: Jorge Gil Morabes (coordinador do ciclo) e María Bertoni

Xoves, 24 de outubro, 19:30 h - Tralas luces (2011)

  • Dirección: Sandra Sánchez
  • Comentan: Jorge Gil Morabes (coordinador do ciclo) e Fernanda del Nido (produtora executiva do filme)

Venres, 29 de novembro, 19:30 h - Memorias rotas. A balada do Comandante Moreno (2010)

  • Dirección: Manane Rodríguez
  • Comentan: Jorge Gil Morabes (coordinador do ciclo) e Anahí Almasia

Xoves, 19 de decembro, 19:30 h - Matria (2017)

  • Dirección: Álvaro Gago
  • Comentan: Jorge Gil Morabes (coordinador do ciclo) e Silvia Acosta

Máis info e inscricións: lecturamundi@unsam.edu.ar

IIIº Ciclo de cine galego en Bos Aires
Evento: 
Proxección
Organiza: 
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Cátedra Galicia-América (Programa Lectura Mundi, Universidad Nacional de San Martín)
Data: 
06.09.2019
27.09.2019
24.10.2019
29.11.2019
Hora: 
19:30
Lugar:
Centro Galicia de Buenos Aires - Salón Valle Inclán
Bartolomé Mitre 2552
C1039AAPCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Aula de lingua e cultura galegas 2024 - Aula GaliciaAberta
16.01.2024, 23.01.2024, 30.01.2024, 06.02.2024, 13.02.2024, 20.02.2024, 27.02.2024, 05.03.2024, 12.03.2024, 19.03.2024, 26.03.2024, 02.04.2024, 09.04.2024, 16.04.2024, 23.04.2024, 30.04.2024, 07.05.2024, 14.05.2024