Aprobación das listaxes definitivas de formadores/as colaboradores/as 2014

Listen to this page using ReadSpeaker
1539 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes definitivas de formadores/as colaboradores/as para impartir obradoiros e seminarios fóra de Galicia,  aprobadas por resolución do secretario xeral da Emigración de data 28 de maio de 2014.

O secretario xeral da Emigración aprobou a actualización das listaxes definitivas de formadores/as colaboradores/as, proposta pola Comisión Avaliadora prevista no artigo 7 da Resolución do 11 de febreiro de 2013, pola que se regula o procedemento para a elaboración de listaxes de formadores/as colaboradores/as para impartiren seminarios fóra de Galicia e se abre o prazo para a inscrición de candidatos/as.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición,ante a Secretaría Xeral da Emigración, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas listaxes, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa.

 

Listados para descargar:

Data de publicación: 
03.06.2014