Apertura do prazo de actualización dos listados de formadores e formadoras para impartiren seminarios fóra de Galicia durante o ano 2014
De acordo coa resolución do 11 de febreiro de 2013 (art. 12.) as listaxes de formadores/as colaboradores/as serán actualizadas unha vez ao ano, mediante a presentación de novos méritos das persoas inscritas. A Secretaría Xeral da Emigración, no primeiro semestre de cada ano, publicará na páxina web http://emigracion.xunta.es a correspondente convocatoria.
Infórmase que ata o 4 de abril (inclusive) deste ano, as persoas inscritas poderán presentar novos méritos a efectos de baremar e actualizar os listados definitivos que se terán en conta para a programación dos seminarios que se realizarán durante o ano 2014.
Formularios de solicitude:
O modelo de solicitude poderá obterse na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración http://emigración.xunta.es
- Formulario de solicitude en word (picar aquí para descargar)
- Formulario de solicitude en pdf (picar aquí para descargar)
Outra documentación para descargar:
- Texto da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
- Corrección de erros D.O.G. 01.03.2013 (picar aquí para descargar)
Lugar e prazo de presentación de solicitudes e da documentación:
- As solicitudes presentaranse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario dispoñible na páxina web: http://emigración.xunta.es. Igualmente se poderán presentar nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do/a solicitante.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. Deberá remitirse á Secretaría Xeral da Emigración, sita na Rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela. - O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración: http://emigracion.xunta.es.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fóra inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.