Listaxes Provisionais de admitidos/as e excluídos/as do programa Reencontros na Casa. Ano 2013
Listaxes provisionais e modelos para formular alegacións.
Estado:
Procedemento pechado
Publicación das Listas Provisionais das solicitudes admitidas e excluídas do programa "Reencontros na Casa" 2013 (Resolución do 15 de febreiro de 2013 da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 38 do 22/02/2013).
De acordo co disposto na base reguladora 7.2 publícanse as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as correspondente aos países de: Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela, especificándose por países o prazo para emendar a solicitude ou formular alegacións.
País | Data publicación | Prazo para formular alegacións | Listaxe |
---|---|---|---|
Arxentina | 10 abril 2013 | Ata o 22 abril 2013 | Descargar |
Brasil | 9 abril 2013 | Ata o 20 abril 2013 | Descargar |
Cuba | 10 abril 2013 | Ata o 22 abril 2013 | Descargar |
Uruguai | 10 abril 2013 | Ata o 22 abril 2013 | Descargar |
Venezuela | 18 abril 2013 | --------------- | Descargar |
Nota: Con posterioridade publicaranse as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as e, logo, as de seleccionados/as e reservas.
Para formular alegacións ou aportar documentación para a emenda da solicitude:
- no caso de Arxentina débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
- no caso de Uruguai débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
- no resto dos países débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
Data de publicación:
09.04.2013
Convocatoria asociada:
Listas a convocatoria asociadas: