Programa de viaxes "Reencontros na casa" para residentes no exterior. Ano 2013

Listen to this page using ReadSpeaker
3474 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 15 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das subvencións do Programa Reencontros na Casa para residentes no exterior e se convocan as correspondentes ao ano 2013.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
22.02.2013
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto e finalidade das axudas:
O programa Reencontros na casa está orientado a promover o contacto dos/as galegos/as residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

Prazas convocadas e datas de realización:
A asignación do número de prazas, queda fixada para o ano 2013 do seguinte modo:

País Nº de prazas
Arxentina 88
Brasil 17
Cuba 10
Uruguai 70
Venezuela 6
Outros países 3
TOTAL 194

As prazas que queden vacantes, ata un máximo dun 25 % do total das 194 prazas, distribuiranse proporcionalmente entre aqueles países que teñan un maior número de prazas nas solicitudes admitidas en relación ás prazas ofertadas.

O 90 % das prazas asignadas a cada país destinarase a emigrantes galegos e galegas e os seus ou as súas cónxuxes, e o 10 % restante ás/aos fillas/os de emigrantes, cumprindo os requisitos da convocatoria. Só no caso de que non se cubrise a última das cotas anteriores, poderían redistribuírse as prazas, engadindo as prazas vacantes á primeira das ditas cotas.

As datas de chegada dos/as participantes a Galicia serán entre o 16 e o 20 de xuño de 2013.

Prazo de presentación de solicitudes
Ata o 3  de abril de 2013 (40 días naturais contados a partires do día seguinte ao da publicación).

BASES REGULADORAS – ANEXO I da Resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 15/02/2013  (DOG nº 38 do 22 de febreiro de 2013)

Beneficiarios/as:

1. Poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1.1. Ser emigrante galego/a.
1.2. Ter a nacionalidade española.
1.3. Residir en América.
1.4. Ter cando menos 60 anos e estar xubilado ou ter cando menos 65 anos de idade, contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
1.5. Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta Secretaría Xeral.
1.6. Para ser beneficiarios/as deste programa será necesario que poidan valerse por si mesmos e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, circunstancias que deberán acreditarse mediante os correspondentes certificados médicos.
1.7. Ter familiares de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade con quen poidan residir durante a súa estadía en Galicia.
1.8. Ter ingresos inferiores a tres veces o importe das bases de cálculo da prestación económica por ancianidade do Ministerio de Emprego e Seguridade Social para o ano da convocatoria, segundo os países de residencia. Se o solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 % da dita cifra polo número de conviventes menos un.

2. Poderán ser beneficiarias as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga coas solicitantes do programa indicadas no punto 1, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos nos puntos 1.3, 1.5 e 1.6 e acheguen a documentación xustificativa.

3. Tamén poderán ser solicitantes os fillos/as de emigrantes galegos/as que teñan a condición de galegos e cumpran os requisitos indicados nos números 1.2, 1.3, 1.4, 1.5, 1.6, 1.7 e 1.8 desta base.

Documentación a presentar:

1. A documentación que deberá achegar o solicitante é a seguinte:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo II.
b) Documentación acreditativa da identidade e nacionalidade:
Os solicitantes que posúan a nacionalidade española e estean en posesión do DNI poderán prestar o seu consentimento expreso para que a Secretaría Xeral da Emigración comprobe, por medio de acceso electrónico, a verificación dos seus datos de identidade, segundo o modelo que consta na propia solicitude. Para o caso de que non presten este consentimento, deberán presentar fotocopia do DNI. Para o resto, o pasaporte en vigor ou outro documento acreditativo da identidade e nacionalidade do/da solicitante, ou certificación consular do solicitante, para acreditar a nacionalidade española e a inscrición no Rexistro de Matrícula como residente.
c) Documentación acreditativa da última veciñanza administrativa en Galicia. As persoas que soliciten o programa por aplicación do número 3 do artigo 1 destas bases deberán acreditar ser fillos de emigrante galego/a e ter a condición de galegos mediante a inscrición no Censo de residentes ausentes nun concello galego.
d) Documentación acreditativa da residencia en América, do lugar e da data de nacemento, no caso de que estes datos non estean especificados na documentación anterior.
e) Nos países en que exista obriga de presentar declaración da renda das persoas físicas ou declaración similar, copia da última declaración presentada polo solicitante e/ou os membros da unidade económica familiar. No caso de que o solicitante e/ou os membros da unidade económica familiar non estivesen obrigados a realizala, xustificación oficial desta circunstancia e certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos, rendas ou pensións de calquera natureza que perciba o solicitante e/ou os membros da unidade económica familiar.
f) Nos países en que non exista obriga de presentar declaración da renda das persoas físicas ou declaración similar, certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos, rendas ou pensións de calquera natureza que perciba o solicitante e/ou os membros da unidade económica familiar.
g) Certificado médico, segundo o modelo incluído no anexo III desta resolución, conforme o solicitante é válido por si mesmo e non padece trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e está en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.
h) Fotografía actual tamaño carné.
i) Libro de familia, se procede. No seu defecto, achegarase documentación xustificativa do matrimonio, da unión de feito ou relación análoga e do nacemento do resto de membros da unidade económica familiar.
j) Declaración de axudas solicitadas ou concedidas por outras administracións ou outros entes, tanto públicos coma privados, para a mesma actividade. Poderá presentarse no modelo que consta no impreso de solicitude (anexo II).
k) Declaración responsable conforme o solicitante está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como que non ten débedas pendentes coa Comunidade Autónoma, que se poderá presentar no modelo que consta no impreso de solicitude (anexo II).

2. O cónxuxe ou persoa unida ao solicitante emigrante galego por unión de feito ou relación análoga, de ser o caso, deberá presentar a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da identidade:
As persoas que estean en posesión do DNI poderán prestar o seu consentimento expreso para que a Secretaría Xeral da Emigración comprobe, por medio de acceso electrónico, a verificación dos seus datos de identidade, segundo o modelo que consta na propia solicitude. Para o caso de que non presten este consentimento, deberán presentar fotocopia do DNI. Para o resto, o pasaporte en vigor.
b) Documentación acreditativa da residencia en América.
c) Certificado médico segundo o modelo incluído no anexo III desta resolución, conforme é válido por si mesmo e non padece trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e está en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.
d) Fotografía actual tamaño carné.
e) Declaración de axudas solicitadas ou concedidas por outras administracións ou outros entes, tanto públicos coma privados, para a mesma actividade. Poderá presentarse no mo-delo que consta no impreso de solicitude (anexo II).
f) Declaración responsable, que se publicará como anexo II á correspondente resolución anual de convocatoria, conforme o/a solicitante está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como que non ten débedas pendentes coa Comunidade Autónoma.

Características
1. A condición de beneficiario/a deste programa quedará supeditada ao compromiso de acollida dos familiares do solicitante residentes en Galicia e ao pagamento, dentro do prazo establecido no seu momento, da porcentaxe correspondente da pasaxe de avión.
2. As/os participantes poderán permanecer cos seus familiares en Galicia ata completar un período máximo de 3 meses, e serán pola súa conta todos os gastos de aloxamento, manutención e calquera outro derivado da súa estadía en Galicia.
3. Os beneficiarios/as deberán ingresar, por transferencia ou tarxeta de pagamento, na conta bancaria da axencia de viaxes designada, a parte que lles corresponda do importe do billete. Entenderase que os que non cumpran con este requisito desisten da súa solicitude.
4. A prestación de asistencia sanitaria dos/das beneficiarios/as será de acordo coa lexislación nesta materia e os convenios subscritos polo Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia.

Lugar de presentación
As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral da Emigración (rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Poderanse presentar nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante.

Para a presentación destas solicitudes os/as interesados/as tamén poderán utilizar o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no Decre¬to 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Ad-ministración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os/as interesados/as que non posúan certificado dixital e así o desexen poderán dirixir¬se ás entidades colaboradoras que se indican a continuación, nas cales existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes:

  • En Brasil:
    – Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro
    – Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Baía
    – Sociedade Hispano-Brasileira de Socorros Mutuos e Instrucións de São Paulo
    – Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos
  • En Cuba:
    – Federación de Sociedades Gallegas en La Habana.
  • En Venezuela:
    – Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

A utilización desta vía requirirá unha autorización que o/a interesado/a lle outorga á enti-dade colaboradora para que remita a súa solicitude vía electrónica. Esa autorización farase constar no modelo de solicitude.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: Picar aquí para acceder á sede electrónica

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
03.04.2013