Os Cursos | Canto poular e percusión

O canto tradicional é outra das actividades que interesan aos novos e aos maiores.

Homes e mulleres participaron con moito interese nas actividades que lles propoñía a profesora Leni Pérez, presentadora do Vai de Baile, o concurso de baile tradicional do programa Luar da Televisión de Galicia. A de Santiago de Compostela era unha das cidades onde se impartiu este curso.

Sen dúbida, o curso de canto popular e percusión é dun dos máis completos dos que se imparten en Escolas Abertas, xa que inclúe a aprendizaxe de varios instrumentos musicais propios do folclores galego: pandeireta, pandeiro, cunchas (de vieira), etc. A dificultade vén dada pola combinación do toque e o canto ao mesmo tempo. Pero para iso van pouco a pouco: primeiro aprenden a canción e o toque por separado, e logo intentan combinar ambos. «É evidente que en quince días non se pode aprender o mesmo que nun ano de curso», comentaba o profesor de gaita, sentencia que se traslada tamén ao canto e á pandeireta, que por tratarse dun instrumento musical, precisa dun tempo mínimo de práctica para poder ter un certo dominio.

1028 lecturas