A Xunta salienta a importancia dos centros galegos como punto de unión para a galeguidade no exterior e para a difusión da cultura e tradicións galegas

O secretario xeral da Emigración e o comisario do Xacobeo 2027 visitaron o Centro Galego de Córdoba e participaron na presentación do Ano Santo Xacobeo.

Miranda reafirma a proximidade do Goberno autonómico cos galegos e galegas do exterior.

Gómez Román valora a importancia de animar a todo o mundo a vir a Santiago o próximo ano.

  • Visita do secretario xeral da Emigración ao Centro Galego de Córdoba e presentación do Ano Santo Xacobeo.
    Visita do secretario xeral da Emigración ao Centro Galego de Córdoba e presentación do Ano Santo Xacobeo.

Listen to this page using ReadSpeaker
Córdoba (Arxentina), 11 de outubro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou a importancia que teñen os centros e todas as entidades galegas no exterior para as persoas emigradas que se atopan fóra de Galicia.

Así o fixo esta tarde na visita ao Centro Galego de Córdoba, onde foi acompañado polo comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, e polo delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro. Durante a súa visita, o secretario xeral puido coñecer de primeira man a realidade actual dos galegos e galegas residentes nesta provincia arxentina, así como as actividades realizadas ao longo deste ano no centro. 

Miranda tamén reafirmou a proximidade do Goberno galego coas persoas galegas no exterior, e o papel fundamental que xogan os centros galegos neste sentido, xa que “a súa presenza permite estar en conexión con todos e cada un deles”. Neste senso, o secretario xeral puxo en valor o esforzo da Xunta por acompañar aos galegos non só nas cidades máis grandes do mundo, “senón en todas ás que cheguemos”.

Ademais, o secretario e o comisario tamén participaron na presentación do Ano Santo Xacobeo. Alí, Marcos Gómez Román valorou a importancia de que desde os centros galegos se anime todo o mundo a vir a Santiago, xa que “non pode haber mellor momento ca este para coñecernos ou para volver a vernos”.

36 lecturas