Miranda reafirma o apoio da Xunta ao Galicia Esporte Clube

Miranda reafirma o apoio da Xunta ao Galicia Esporte Clube.
Miranda reafirma o apoio da Xunta ao Galicia Esporte Clube.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co presidente do Galicia Esporte Clube, Alfonso Brandão, no que reafirmou o compromiso da Xunta co labor que esta histórica entidade desenvolve na preservación da identidade galega en Salvador de Bahía. Durante a audiencia, ambos analizaron novas vías de colaboración para seguir fortalecendo os vínculos entre Galicia e Brasil a través da cultura, o deporte e a colectividade galega asentada no país. 

Miranda destacou que o Galicia Esporte Clube, fundado por emigrantes galegos en 1933, continúa a ser un referente da galeguidade no Brasil e un exemplo do legado que a emigración deixou ao outro lado do Atlántico. O secretario xeral agradeceu o traballo desenvolvido pola directiva para manter viva a cultura galega entre as novas xeracións de descendentes e reiterou o apoio da Xunta ás iniciativas que contribúan a reforzar a presenza de Galicia neste emblemático espazo da diáspora.

70 lecturas