Listados definitivos das persoas candidatas e suplentes - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2026

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

107 lecturas
Listaxes para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Según o establecido no artigo 16 da resolución do 18 de decembro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e se procedeu á convocatoria de duascentas cincuenta (250) Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), co fin de cursar estudos de mestrado que se inicien no curso 2026/27 nunha universidade pública galega, procédese á publicación de:

 

Proposta de resolución definitiva de persoas candidatas, suplentes e excluídas da bolsa
Descargar
Listado definitivo de 250 candidatos/as á bolsa (ordenada polas puntuacións outorgadas) Listado definitivo de 250 candidatos/as á bolsa (orde alfabética de apelido)
Descargar Descargar
Listado definitivo de candidatos/as suplentes (ordenada polas puntuacións outorgadas) Listado definitivo de candidatos/as suplentes (orde alfabética de apelido)
Descargar Descargar
Listado definitivo de solicitantes de bolsa excluídos/as
Descargar

 

NOTAS ACLARATORIAS:

  • (*) Nos casos de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivese unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 15.4 da resolución da convocatoria.
  • (1) No caso das titulacións españolas, na columna “Nota media” redondéase ao segundo decimal. Para o cálculo da columna “Puntuación nota media x2” téñense en conta os catro decimais da nota.

IMPORTANTE:

Para poder chegar a ser beneficiario/a da bolsa débese acreditar estar matriculado/a nun máster universitario dos ofertados na convocatoria. O prazo para enviar o xustificante de matrícula a través da plataforma BEME remata o 7 de agosto de 2026 ás 23:59h (hora peninsular española).

As 250 persoas do listado definitivo de persoas candidatas, sempre que acrediten estar matriculadas nun máster dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior, pasarán a ser beneficiarias da bolsa. Do mesmo xeito, as persoas que figuran na lista definitiva de 136 candidatos/as suplentes, sempre que acrediten estar matriculadas neste mesmo prazo, poderían chegar a ser adxudicatarias da bolsa no caso de que houbese vacantes, porque persoas do listado definitivo de admitidos non se matriculen ou desistan da súa solicitude.

Por outra banda, se algunha persoa do listado definitivo de persoas candidatas ou suplentes decide non continuar no proceso de selección desta convocatoria de bolsas, debe enviar a través da plataforma BEME un escrito de renuncia, que tamén está no menú da esquerda, na opción de “Renuncia”, para non prexudicar a outras persoas candidatas da lista de suplentes que poderían ter opción de ser bolseiras.

A mediados de agosto de 2026 publicarase unha nota informativa nesta web cos listados das persoas beneficiarias e das suplentes desta convocatoria de bolsas BEME 2026/27.

Data de publicación: 
03.07.2026
Data fin de prazo: 
07.08.2026