A Xunta destaca no 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo a volta á terra da descendencia daquelas xeracións que emigraron a Venezuela

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou hoxe no encontro en Oleiros.

José González pon en valor este encontro impulsado por antigos socios e descendentes da colectividade galego-venezolana retornada, enxalzando a memoria compartida e a identidade que foi capaz de sobrevivir ao paso do tempo e á distancia.

Referíndose aos que noutrora cruzaron o Atlántico buscando oportunidades, celebra que hoxe moita descendencia volva cruzalo en sentido contrario, lembrando accións da Xunta como as feiras do emprego no Brasil para atraer novo talento retornado.

Comprométese a seguir colaborando co Centro Galego de Maracaibo para consolidar o labor que arrancou coa súa fundación en 1962 e de cara ao desenvolvemento de programas culturais ou sociais de apoio ás comunidades galegas no exterior.

  • A Xunta destaca no 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo a volta á terra da descendencia daquelas xeracións que emigraron a Venezuela
    A Xunta destaca no 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo a volta á terra da descendencia daquelas xeracións que emigraron a Venezuela
  • A Xunta destaca no 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo a volta á terra da descendencia daquelas xeracións que emigraron a Venezuela
    A Xunta destaca no 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo a volta á terra da descendencia daquelas xeracións que emigraron a Venezuela
  • A Xunta destaca no 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo a volta á terra da descendencia daquelas xeracións que emigraron a Venezuela
    A Xunta destaca no 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo a volta á terra da descendencia daquelas xeracións que emigraron a Venezuela
Listen to this page using ReadSpeaker
Oleiros (A Coruña), 20 de xuño de 2026.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou  hoxe en Oleiros na clausura do 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo, onde puxo en valor a continuidade desta iniciativa impulsada por antigos socios e descendentes da colectividade galego-venezolana retornada. Alí, destacou a oportunidade que ofrece esta xornada para enxalzar a memoria compartida e unha identidade que foi capaz de sobrevivir ao paso do tempo e á distancia, fortalecendo lazos en base aos valores da solidariedade, da amizade e da galeguidade.

O conselleiro lembrou a súa viaxe a Venezuela do pasado mes de marzo, sinalando que alí comprobou que os galegos residentes naquel país son un exemplo de esforzo, de integración e tamén de amor por Galicia. Referíndose ás nais e pais, avoas e avós, que noutrora cruzaron o Atlántico buscando oportunidades, celebrou que hoxe moita da súa descendencia volva cruzalo en sentido contrario, completando o círculo coa volta á terra.

González apuntou que Galicia necesita persoas “con visión internacional, con capacidade de adaptación e cun profundo compromiso coa súa terra” e que a Estratexia Galicia Retorna ten precisamente ese obxectivo: que quen queira volver encontre apoio, acompañamento e oportunidades para construír aquí o seu futuro. Nese senso, recordou a súa recente viaxe institucional ao Brasil, onde tivo lugar unha nova edición das feiras de emprego no exterior para brindar oportunidades a aquelas persoas que queren facer o camiño de volta e establecerse cun proxecto laboral e vital na nosa Comunidade.

Centro Galego de Maracaibo

O titular de Emigración trasladou que no Brasil tamén visitou diferentes asociacións galegas no país, onde volveu sentir esa enorme emoción de pertenza e arraigo coa terra de orixe. Entidades —dixo— que comparten filosofía co Centro Galego de Maracaibo, co que se comprometeu a seguir colaborando desde a Xunta como ata agora de cara ao desenvolvemento de programas culturais ou sociais orientados ao apoio das comunidades galegas no exterior.

Nese senso, José González concluíu dando as grazas e os parabéns ao Centro Galego de Maracaibo polo seu labor consolidado desde a súa fundación en 1962, así como a todas as persoas que participaron no encontro de hoxe en Oleiros para festexar “unha galeguidade que desafía as fronteiras”.

304 lecturas