Diego Calvo celebra o Día das Letras Galegas co alumnado do Instituto Galego-Hispano-Arxentino Santiago Apóstol de Bos Aires
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro Dobarro, participou hoxe nas celebracións do Día das Letras Galegas no Instituto Galego-Hispano-Arxentino Santiago Apóstol, onde destacou o papel da colectividade galega na conservación e difusión da lingua e da cultura galegas no exterior.
O conselleiro foi recibido por unha representación da Fundación Galicia América, por autoridades do Centro Galicia en Bos Aires e polo equipo directivo docente do instituto Santiago Apóstol. Posteriormente, asistiu ao acto conmemorativo do día das Letras Galegas no Salón Valle Inclán do centro, acto no que participou o alumnado de infantil, primaria e secundaria.
Durante a súa intervención, Diego Calvo agradeceulle á emigración galega que mantivera vivo o espírito da galeguidade e destacou que a lingua constitúe “o grande vínculo entre a Galicia interior e a Galicia exterior”, ao tempo que recoñeceu o labor dos centros galegos e das novas xeracións na transmisión do legado cultural e identitario de Galicia.
Novas relacionadas




