Vives no estranxeiro e soñas con formarte en hostalería en Galicia?

Vives no estranxeiro e soñas con formarte en hostalería en Galicia?
Vives no estranxeiro e soñas con formarte en hostalería en Galicia?
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 29 de abril de 2026.

A Xunta puxo en marcha unha convocatoria de bolsas dirixida a persoas galegas residentes no exterior ou descendentes que queiran estudar no Centro Superior de Hostelería de Galicia.

Poderás elixir entre dous dos seus programas máis salientables:

  • Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras
  • Curso Superior de Chef de Cociña e Pastelería

As bolsas cobren o 80% do custo da matrícula e, ademais, inclúen unha axuda de ata 1.500 € para facilitar a viaxe, o aloxamento inicial e outros gastos do traslado. Para acceder, é necesario ter entre 18 e 30 anos, contar con nacionalidade española e acreditar polo menos dous anos vivindo fóra de España de forma continuada, ademais de cumprir algunhas condicións.

Quen opte ao Grao deberá dispoñer dun título de bacharelato homologado e solicitar a preadmisión, mentres que para o Curso será necesario ser previamente admitido no programa.

Podes presentar a túa solicitude ata o 29 de maio de 2026 a través da sede electrónica en https://sede.xunta.gal.

153 lecturas